bolo
bolo
bola
-
m
Porción de masa de calquera substancia de forma arredondada.
-
m
-
Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo.
-
Peza de pan esponxoso, feito xeralmente con fariña, leite e ovo, con forma de molete.
-
-
m
Grumo que se forma nunha substancia mal diluída ou porción arredondada que se forma nun líquido ao callar.
-
m
Avultamento que se orixina nunha superficie debido a un golpe.
-
bolo do pote
Bolo de fariña de millo, cocido co caldo, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.
Sinónimos
Citas
- Caeu de fociños e saíulle un bolo na fronte
- Merquei media ducia de bolos na panadería
- Non revolviches ben as papas e formáronse bolos
- O rapaz fixo un bolo coa plastilina na escola, É unha tea moi mala porque a estreei recentemente e xa fai bolos
Frases feitas
-
Non estar o forno para bolos. Non ser o contexto axeitado para algunha cousa.
-
Ser un bolo cru. Ser moi feo.
Refráns
- Bolo cro só engorda o cu.