"Canis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 246.

  • Mecanismo que, disposto ao final das rotativas, corta e prega a banda continua de papel impreso, de maneira que os exemplares xa rematados se van depositando sobre unha banda transportadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Máquina constituída por dous elementos planos ou cilíndricos, dispostos de tal maneira que se poden xuntar entre elas e apertar unha cousa.

      2. Ferramenta empregada polos carpinteiros para suxeitar fortemente unha peza de madeira encolada ou para suxeitar ao banco a peza que han traballar.

      3. Mecanismo dalgúns sistemas de urdidoiras e das máquinas de parar que serve para conseguir as pregadoras cheas de urdido co fío ben premido.

      4. Nome xenérico de todas as máquinas de imprimir.

      1. Conxunto de publicacións impresas de carácter informativo, especialmente os diarios e outros periódicos.

      2. Conxunto de persoas que se dedican ao xornalismo.

      3. Publicacións editadas á marxe da legalidade vixente, normalmente en épocas de anormalidade democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os efectos das radiacións sobre os organismos vivos e os mecanismos que os determinan.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forza que, nun sistema físico, se opón á acción, responsable dun cambio do estado de repouso e movemento do sistema.

      2. Actitude progresista, renovadora ou incluso revolucionaria, diante dunha situación político-social, relixiosa ou artístico-cultural.

      3. Conxunto de modificacións electrofisiolóxicas determinadas por unha lesión das neuronas periféricas.

      4. síndrome de adaptación.

      1. Acción ou cambio de algo ou alguén como resposta a un estímulo. Tm fig.

      2. Cambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio, á aplicación dun remedio ou a unha causa mórbida.

    1. Restablecemento da actividade normal despois de perdela.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión con que se designa un obxecto cotián, afastado do seu contexto habitual, onde tiña unha utilidade práctica, e inserido no mecanismo da arte, como froito da elección voluntaria do artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recombinar ou recombinarse.

    2. Mecanismo mediante o que os xenes situados en diferentes cromosomas homólogos pasan a formar parte do mesmo cromosoma como resultado do entrecruzamento da profase meiótica.

    3. Proceso polo que un segmento de ADN cromosómico bacteriano doador se converte en parte do xenoma dunha bacteria receptora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que recupera.

      1. Dispositivo que permite recuperar unha cousa ou unha posición.

      2. Mecanismo que absorbe momentaneamente a forza xerada polo retroceso dunha arma de fogo e que a restitúe para que o canón volva á súa posición inicial.

      3. Dispositivo que permite recuperar as augas brancas nas instalacións de fabricación de papel.

      4. Aparato ou instalación que permite a recuperación dunha parte da calor dos gases de combustión dun fogón antes de se perderen na atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente da psicoloxía iniciada a principios do s XX que intenta explicar o comportamento a partir do funcionamento do sistema nervioso, considerando que a conduta pode ser reducida a varios actos reflexos e a diferentes mecanismos cerebrais. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de regular.

    2. Modo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor.

      1. Capacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións e a manter o equilibrio fisiolóxico.

      2. Mecanismo de control do metabolismo da célula, que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, encimas e produtos de secreción.

    3. Conxunto de obras fluviais, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.

      1. Corrección ou axuste do funcionamento dunha máquina para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.

      2. Adaptación permanente dunha máquina ás necesidades de utilización da potencia subministrada.

      3. Dispositivo que garante o funcionamento correcto e o axuste perfecto dun mecanismo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo.

      2. Reloxo que dispón de indicadores que permiten medir o tempo sideral.

      3. Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno, que permite medir o tempo en función do que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro. 

      4. Reloxo de parede que se caracteriza pola súa decoración rústica e pola presenza dun autómata en forma de ave que aparece cos toques horarios e que emite un son de dúas frautas que imitan o canto dun cuco.

      5. Reloxo de dimensións medianas que se colga na parede.

      6. Reloxo portátil provisto dun elo e dunha cadea para levar no peto e asegurado mediante a cadea a unha botoeira do traxe.

      7. Reloxo portátil que está provisto dunha correa para levalo posto no pulso.

      8. Reloxo que indica a hora a través da sombra producida polo sol dun gnomon ou estilo sobre un cuadrante onde están sinaladas as horas e o calendario zodiacal ou mensual.

      9. Fenómeno xeolóxico que permite fixar no tempo a idade do que viviu e se transformou na Terra.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO