"xil" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 550.

  • Bóla pequena que se elabora cunha mestura composta por carne picada, miolo de pan, ovo batido e fariña, condimentado con sal, pementa, noz moscada, allo e perexil.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.

      2. Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.

    1. Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.

    2. Extracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.

    3. Alcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.

    4. Solución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.

    5. etanol.

    6. metanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos sales de fórmula xeral ROM, obtidos substituíndo o hidróxeno do hidroxilo dun alcohol por un metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao alcohol ordinario.

      2. Relativo ou pertencente aos alcohois en xeral.

    1. Que abusa das bebidas alcohólicas. Tm s.

    2. Grupo R- que resulta da eliminación do hidroxilo nun alcohol ROH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos RO- que resultan da eliminación do hidróxeno de hidroxilo dun alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aviso ou sinal que prevé dun perigo inminente.

    2. Estado de vixilancia.

    3. Emprégase para avisar a alguén dun perigo ou espertar a súa atención.

    4. En actitude de vixiar con cautela e coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza por ser esperto, áxil de mente e moi activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ás.

    2. Que é axil, veloz e lixeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Solo moi evolucionado, que sufriu unha migración do sílice, co enriquecemento en aluminio e ferro da fracción arxilosa.

    2. Principal constituínte do cemento portland artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO