"par(a)" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 528.

    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Conxunto de cousas ou persoas agrupadas, xeralmente afíns.

      1. Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión.

      2. Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.

    3. Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra.

      1. Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia.

      2. Agrupación de municipios limítrofes de pequeno número de habitantes, para o sostemento dunha secretaría común ou para a prestación de servizos esenciais cando non dispoñen individualmente de recursos suficientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Unidade asociativa dentro da organización escolar, en que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.

    3. División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais, denominados clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destilar no alambique.

      1. Facer moi sutil.

      2. Revisar detalladamente algún obxecto, palabra ou acción ata atopar o seu sentido verdadeiro ou a súa utilidade, para procurar unha linguaxe, conceptos e formas máis sutís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que serve para definir visuais e trazalas simultaneamente sobre a prancha topográfica.

      1. Regra cunha pínnula en cada extremo que se coloca enriba da agulla maxistral para obter marcacións e demoras.

      2. Elemento construído para ser adaptado a unha agulla ou a un repetidor da agulla xiroscópica.

      3. Tipo correspondente a unha alidada acimutal, que grazas á combinación dun prisma e dun espello é idónea para atopar o acimut dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de almacenar, agrupar ou gardar calquera elemento nun almacén.

    2. Proceso polo que se conserva unha serie de datos en soporte informático dispostos a seren empregados en calquera momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que, nun mesmo país, se poden atopar en localidades separadas por desniveis de máis de 2.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO