"deca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 137.

    1. hexadecano.

    2. Índice que mide o atraso na ignición dun combustible para motor diesel por comparación co dun combustible patrón constituído por unha mestura de cetano e de 1-metilnaftaleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos chichimecos.

    2. Individuo do pobo dos chichimecos.

    3. Grupo de pobos nómades denominados chichimecos (‘bárbaros’), que invadiron o México precolombino baixo as ordes do lendario Xolotl, durante o período de decadencia do Imperio tolteca (1224).

    4. Lingua otomangueana que se fala en México.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recinto rodeado de muros con galerías cubertas e abertas cara a un patio, que serve de centro e comunicación ás principais dependencias do edificio onde se sitúa, xeralmente mosteiros ou catedrais.

    2. Órgano supremo corporativo da universidade que está rexido por uns estatus, e está formado polo reitor, os vicerreitores, os decanos, os catedráticos numerarios, os profesores, os representantes do estamento discente e do persoal non docente.

    3. Lámina delgada de materia gris que está situada en cada hemisferio cerebral.

    4. útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten consciencia.

    2. Que se decata dalgunha cousa.

    3. Que se comporta dunha forma responsable.

    4. Aquilo que pertence ao campo da consciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo do prefixo deca-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser doutra persoa.

    2. Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.

    3. Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.

    4. Facer que algo teña certa forma ou características.

    5. Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.

    6. Publicar ou dar a coñecer algo.

    7. Mostrar ou executar un espectáculo.

    8. Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.

    9. Atribuír un significado ou un valor a algo.

    10. Propinar un golpe a alguén.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dez’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos decabristas.

    2. Partidario dos decabristas.

    3. Movemento revolucionario que estoupou en 1825 en San Petersburgo, e que tiña como obxectivos a abolición do réxime autocrático, a destitución do novo tsar e a instauración dun réxime constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO