"baseado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 88.

    1. Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.

    2. Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.

    3. Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.

    4. Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.

    5. Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.

    6. Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.

      1. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.

      2. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.

      3. Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detector de oscilacións eléctricas de alta frecuencia baseado na diminución repentina da resistencia dun condutor metálico imperfecto ao ser sometido a un campo eléctrico de alta frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento narrativo de extensión variable baseado na sucesión de imaxes gráficas en viñetas, nas que se conta unha historia a través dos bocadillos.

    2. Publicación que recolle unha ou varias narracións en banda deseñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e que se emprega esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur.

      2. Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético.

      3. Goniómetro especial que permite a visión do círculo graduado.

    1. Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias.

      1. Cada un dos períodos de tempos iguais nos que se marca o ritmo dunha frase musical.

      2. Ritmo ou cadencia dunha obra musical.

      3. Movemento da man co que se marca cada un dos períodos musicais.

    2. Instrumento de medida utilizado en diversas exploracións médicas, especialmente nos diámetros pelvianos e craniais.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de conciso.

    2. Modelo retórico baseado na sinxeleza expresiva, no que o orador debe articular un discurso claro, breve e preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á condutimetría.

    2. Procedemento analítico que se emprega para determinar o punto final das volumetrías, baseado na medida da variación da condutividade electrolítica da solución problema debida á adición de reactivo valorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.

      1. Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules lle daban o seu nome ao ano.

      2. Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente en forma de corno, ateigado de froitos, que é símbolo da abundancia.

    2. Obxecto decorativo que consiste nun marco moi tallado e xeralmente dourado, baseado no tema do corno da abundancia e que pode ter un ou máis brazos para colocar candeas. Foi un elemento típico da decoración rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e sistemas socioeconómicos baseados na constitución xerarquizada de asociacións profesionais para controlar os problemas económicos e laborais.

    VER O DETALLE DO TERMO