"OMI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2742.

    1. Acción e efecto de abominar.

    2. Persoa ou cousa abominable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir gran repugnancia por algo ou alguén.

    2. Xulgar condenatoriamente a unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se está a cuberto das inclemencias do tempo.

    2. Peza de vestir longa, con mangas e abotoada por diante, que se pon por riba da roupa para abrigarse.

    3. Lugar de-baixo dunha rocha que adoitaba ser lugar de asentamento de comunidades cazadoras e recolectoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En relación a un punto sobre unha recta, distancia medida coa unidade escollida desde un punto, denominado orixe, ata o punto considerado.

    2. En relación a un punto do plano, primeira das dúas coordenadas dese punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de gobernar en que predomina a vontade dunha soa persoa.

    2. Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente.

    3. Sistema filosófico onde o absoluto é causa e efecto de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abusar.

    2. Aquilo que é abusivo.

      1. Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

      2. Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

      3. Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

      4. Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

      5. Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

    3. agresión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acad, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante do país ou da rexión de Acad.

    3. Antiga lingua semítica falada en Mesopotamia que se estendeu aos lugares onde asirios e babilónicos exerceron o seu dominio e influencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acarpoascomicetos.

    2. Fungo da clase dos acarpoascomicetos.

    3. Clase de fungos da subdivisión ascomicotina que presenta os ascos espidos sen estar asociados a un ascocarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto producido pola actividade dunha cousa sobre outra.

    2. Actividade que se produce ao realizar algo.

    3. Acto de outorgar o obxecto do documento segundo o desexo do peticionario.

    4. Feito de armas, especialmente, combate entre forzas pouco numerosas.

      1. Facultade para esixir aos órganos xudiciais do estado que diten resolución sobre un conflito ou sobre unha petición mediante proceso.

      2. Acción civil ou penal incoada polo xuíz ou tribunal por ministerio da lei, a iniciativa do ministerio fiscal ou a iniciativa propia.

    5.   Cada unha das partes en que debe estar representado obrigatoriamente o capital das sociedades anónimas e das comanditarias por acción.

      1. Manifestación dunha capacidade activa, contraposta á paixón, ou dunha función ou capacidade física do home, por oposición á idea ou pensamento.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO