"Iang" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 84.

  • Planta herbácea vivaz, da familia das ciperáceas, con espolóns de talo triangular e macizo, espiguiñas pardas con glumas caducas de varias flores sen perianto e dispostas en umbela composta. Presenta tubérculos redondos ou ovados carnosos e ricos en azucres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óso curto, impar, central e simétrico que constitúe o final da columna vertebral e está formado pola fusión das catro vértebras coccixeais e ten forma triangular. OBS: A grafía <cc> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela triangular que se enverga ao contraestai pola cara de popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco bivalvo, da familia dos máctridos, de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares e superficie branca.

    2. Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, que vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente cóncavo, de perímetro circular e de boca ancha, para beber ou tomar alimentos líquidos.

      2. Cantidade de substancia que cabe no interior dunha cunca.

    1. Cavidade dentro da que se localiza o ollo.

    2. Medida de capacidade para áridos equivalente a 1/16 de ferrado.

    3. Depresión de orixe estrutural entre montañas.

    4. Depresión no fondo dos océanos de grande extensión e relevo uniforme.

      1. Parte alta dun torrente ou río, de forma triangular, onde se reúnen as augas seguindo unha rede de sucos converxentes ata formar a canle ou o curso medio do torrente.

      2. Territorio que resulta drenado por un mesmo río e a súa rede de afluentes.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto fundamental da triangulación, determinado astronomicamente, a partir da que se elaboran os mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome da cuarta letra do alfabeto grego (D, δ) que se corresponde coa letra d do alfabeto latino.

    2. Depósito sedimentario con forma triangular, resultado da acumulación dos aluvións dun río na súa desembocadura.

    3. Triángulo raiante que acolle no seu interior o ollo de Iavé e as súas siglas en hebreo YHWH.

    4. ariedade de latón composto de cobre, de cinc e de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da orde dos efemerópteros, que presenta na fase adulta ás anteriores triangulares e membranosas e ás posteriores pequenas ou ausentes, antenas moi curtas, abdome rematado en dous ou tres filamentos e pezas bucais non funcionais. As efémeras son presa habitual de peixes, polo que se fan imitacións para a pesca fluvial nas denominadas “moscas”. Pola súa dependencia das augas limpas, tamén se empregan como bioindicadoras da calidade dos cursos fluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á figura ou ao corpo xeométrico que ten os seus ángulos iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela triangular ou trapezoidal que se larga sobre as cangrexas. Está formada por unha aresta no pico e por outra no mastro.

    VER O DETALLE DO TERMO