efémera

efémera
Plural: efémeras
s f [ANIMAL/ENTOM ]

Insecto da orde dos efemerópteros, que presenta na fase adulta ás anteriores triangulares e membranosas e ás posteriores pequenas ou ausentes, antenas moi curtas, abdome rematado en dous ou tres filamentos e pezas bucais non funcionais. As efémeras son presa habitual de peixes, polo que se fan imitacións para a pesca fluvial nas denominadas “moscas”. Pola súa dependencia das augas limpas, tamén se empregan como bioindicadoras da calidade dos cursos fluviais.