"INTA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 641.

    1. Mamífero carnívoro, da familia dos vivérridos, de cor gris con pintas escuras no corpo e aneis tamén escuros no rabo.

    2. Substancia con forte cheiro que se extrae deste animal.

    3. Perfume que se elabora con esta substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das variantes que se dan na pronuncia dun mesmo fonema, segundo a posición deste na palabra ou sílaba e o carácter dos fonemas veciños.

    2. Aplícase ao escritor que escribe nunha lingua distinta á propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso dunha forma a outra totalmente distinta.

    2. Fenómeno en que un morfema ten dúas ou máis realizacións dependendo do contexto onde estea insertado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á resina en cuxa preparación, ademais de poliois e poliácidos, interveñen aceites ou ácidos graxos. Emprégase na industria de pinturas, especialmente para pintar maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode interpretar de diversas maneiras e xerar confusións.

    2. Que non di claramente as súas opinións e ten unha actitude escura.

    3. Xénero atribuído pola gramática tradicional aos nomes de cousa, que se poden usar indistintamente en masculino ou feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación que se establece entre dous organismos de distinta especie en que un está en situación desfavorable mentres que o outro non se ve afectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

      2. Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

      1. Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

      2. Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición da mesma vogal átona final dos versos ao longo dun poema que adoita presentar rimas distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO