"Gaci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 492.

    1. Acción e efecto de agregar ou agregarse.

    2. Unión histoxenética de células disociadas.

    3. Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.

    4. Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.

    5. Unión ou agrupación de terreos.

    6. Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.

    7. Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pobo ainu ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo ainu.

      3. Pobo de Asia oriental que habita en diversas illas setentrionais de Xapón.

      4. Lingua que fala o pobo ainu. As investigacións toponímicas evidenciaron que era a lingua autóctona do arquipélago xaponés ata a chegada dos grupos continentais.

    1. Grupo humano leucodermo que se localiza na parte meridional da illa de Sakhalin e setentrional da illa de Hokkaido. A orixe desta raza aínda non é segura; trátase dun grupo leucodermo illado en medio de grupos xantodermos. Os datos arqueolóxicos permiten remontar a historia dos ainu a uns 12.000 anos como mínimo, aínda que non permiten resolver a cuestión das orixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alegar.

    2. Cousa alegada.

    3. Escrito ou discurso en que se expoñen as razóns en que se fundamenta unha cousa, especialmente o que fai un avogado perante o tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente aristotélica italiana centrada en Boloña (ss XV-XVI), inspirada en Alexandre de Afrodisia e caracterizada pola negación da inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas en que se rexistran a totalidade dos días do ano acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras.

    2. Publicación en que se atopan tabulados en función do día, hora e meridiano de Greenwich, todos os elementos variables dos astros que son necesarios para a navegación astronómica.

    3. Almanaque náutico adaptado ás necesidades da navegación aérea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que se emprega na investigación bioquímica para producir diabete en animais experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar unha maior extensión.

    2. Reproducir unha fotografía a un tamaño máis grande do que tiña.

    3. Profundar nunha serie de coñecementos ou investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación do costado dunha embarcación pola parte interior da mesma.

    2. Parte superior de cada lado da embarcación pola parte interior da mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘privación’, ‘negación’.

    VER O DETALLE DO TERMO