"Corpora" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 243.

    1. Actividade humana encamiñada á creación de obras estéticas.

    2. Ámbito no que o home desenvolve a súa capacidade creadora con fins estéticos.

    3. Conxunto de producións artísticas que caracterizan unha época, estilo ou movemento.

    4. Preceptos e regras que se requiren para o desenvolvemento dunha actividade.

    5. Habilidade ou destreza para facer certas cousas que se adquire co estudo ou coa experiencia.

    6. Medio co que se consegue facer algunha cousa.

      1. Acto polo que, valéndose da imaxe, son, palabra ou movemento, o home imita ou expresa o material ou o inmaterial, creando mediante copia, evocación ou invención.

      2. Cada unha das chamadas Belas Artes.

      3. Estilo dun artista.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de ascender.

    2. Subida corporal de Cristo ao ceo desde o monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    3. Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo.

    4. Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte.

    5. Medida de tempo baseada no movemento da Terra respecto ás estrelas. OBS: Tamén se denomina hora sideral.

    6. Círculo horario definido no sistema de coordenadas ecuatoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ascender.

    2. Acción e resultado de chegar a un nivel, grao ou lugar máis alto.

    3. Incorporación de categorías, nunha competición deportiva á inmediatamente superior logo de obter a clasificación ao longo dunha tempada.

    4. Nomeamento dun funcionario para un cargo público vacante, de superior categoría xerárquica á que exercía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esforzo constante e sistemático por conseguir a perfección ética ou relixiosa por medio da represión dos vicios, renuncias voluntarias de praceres lícitos e, mesmo, a imposición voluntaria de mortificacións corporais por medio do exercicio das virtudes, a pregaria e o recollemento interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

      1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.

    2. Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo.

    3. Proceso segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, invadíndoo parcial ou totalmente.

    4. Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.

    5. Proceso polo que unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu.

    6. Proceso polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición. OBS: Tamén se denomina dixestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Auriñacense.

    2. Tecnocomplexo lítico do Paleolítico Superior localizado en Europa e Asia, que conviviu en tempo e espazo coa tradición perigordense, e que para algúns autores supón a incorporación a Europa do Homo sapiens moderno que avanzou desde  Próximo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao enxeño capaz de producir a súa propia forza motriz e que pode desprazarse e ser guiado segundo os desexos do seu condutor.

    2. ehículo terrestre, con motor incorporado, xeralmente montado sobre catro rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de nutrición dos organismos que, para fornecer as súas necesidades metabólicas, só incorporan do medio produtos inorgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incapacidade de certos organismos para elaborar vitaminas mediante transformacións metabólicas a partir de factores previtamínicos previamente obtidos do medio.

    2. Sistema de nutrición de certos vexetais no que o desenvolvemento só se produce coa incorporación de factores de crecemento en forma disolta.

    VER O DETALLE DO TERMO