"Bia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 711.

    1. Poñerse o tempo frío ao cambiar a temperatura existente.

    2. Soprar o vento no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia que teñen algunhas persoas aos grandes espazos abertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soster, sen ceder, o peso de algo ou alguén.

    2. Soportar algo que pode ser agobiante ou frustrante.

    3. Ter conta de algo para que non caia.

    4. Manterse de pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambiar unha persoa para ser máis bela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alamanos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo alamano.

    3. Antigo pobo guerreiro integrado por tribos xermánicas que foi expulsados da zona de Brandenburgo no 178 por gots (godos) e eslavos e se estableceron na rexión do Main e á dereita do Rin.

    4. Grupo de dialectos do altoalemán que se fala en Suíza, en Alsacia, en Vorarlberg, na metade sur de Baden, en Württemberg, agás a zona setentrional, e na Suabia bavaresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Albania, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Albania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo albanés.

      2. Individuo do pobo albanés.

      3. Pobo de orixe indoeuropea que habita en Albania e en diversos núcleos de Iugoslavia (fundamentalmente en Kosovo) e Grecia, e forma importantes colonias emigrantes no S de Italia, Turquía e os EE UU.

    1. Lingua indoeuropea que se estende pola costa oeste da Península Balcánica, en Albania e polas áreas limítrofes de Serbia e Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Albiano.

    2. Sexto e derradeiro estadio do Cretáceo inferior, situado enriba do Aptiano e baixo o Cenomaniano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adobiar con alfaias. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO