"Artin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 42.

  • Deporte que se practica con karts nun circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Kunguriano.

    2. Piso e idade do Permiano, que está comprendido entre o Artinskiano, na base, e o Ufimiano, no teito. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.

      2. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.

      3. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.

      4. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.

      5. Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.

      1. Planta semellante ao lirio.

      2. Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.

      3. Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de arreo das bestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alga da familia das xelidiáceas, que forma matas ríxidas de cor vermella que se fixan ao substrato por medio de filamentos.

    2. Alga da familia das xigartináceas, de cor vermella escura, que se fixa ao substrato por medio dun pequeno disco, do que saen ramais que se dividen dicotomicamente

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo para picar a pedra.

    2. Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.

    3. Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.

    4. Instrumento de percusión con forma semellante á dun martelo que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.

    5. Arma antiga contundente que consiste nun bastón de cabeza grosa.

    6. Peza do martinete que consiste nun bloque pesado guiado por dous raís que se deixa caer sobre unha estaca para cravala.

    7. Engrosamento nos últimos artellos das antenas dalgúns insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade significativa mínima da primeira articulación da linguaxe, en oposición á unidade distintiva ou fonema, na terminoloxía de André Martinet. Os monemas que pertencen ao campo do léxico ou vocabulario son lexemas e os que forman parte da estrutura gramatical son morfemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fin da vida.

    2. Fin de algo ou dunha actividade.

    3. Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.

      2. Representación plástica da morte.

    4. Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.

    5. Privación da benaventuranza, da vida eterna.

    6. Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que responde aos canons do neoclasicismo.

    2. Corrente de pensamento económico que reformula a doutrina clásica partindo dos supostos do marxinalismo e que inclúe as diferentes tendencias ás que deu lugar. Fundamenta as súas análises en concepcións antihistóricas, as clases sociais deixan de ser o punto de partida e son substituídas polos axentes económicos, abandónase a teoría do valor do traballo e o concepto de explotación, as análises efectúanse en termos de prezos e a acumulación é substituída pola idea de equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Undécimo mes do ano, que se inicia polas festas de Todos os Santos e dos Defuntos. Ten 30 días e no antigo calendario romano era o noveno dos meses, feito que lle deu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO