novembro

novembro

lat novembre

Plural: novembros
s m

Undécimo mes do ano, que se inicia polas festas de Todos os Santos e dos Defuntos. Ten 30 días e no antigo calendario romano era o noveno dos meses, feito que lle deu nome.

Refráns

  • Antes de san Martiño pan e viño, despois de san Martiño fame e frío.
  • Ata san Martiño aínda pinga o ramalliño; despois do san Martiño, fame e frío.
  • Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame.
  • De Santos a Navidade é inverno de verdade.
  • Dende Santos a Nadal é inverno natural.
  • Dende Santos a Nadal, inverno caroal.
  • Despois de san Martiño deixa a auga e bebe o viño.
  • Entre Santos e Nadal fai inverno camal.
  • Horta de san Martiño mantén o seu dono e o seu veciño.
  • No san Martiño remonta cada día un ferradiño.
  • Ó chegar o san Martiño mátase o porco e próbase o viño.
  • Polo mes de Santos xa baixa a neve aos campos.
  • Polo san Andrés neve nos pés.
  • Polo san Martiño andan as noces a roliño.
  • Polo san Martiño di o inverno: ¡Alá vou eu!.
  • Polo san Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño.
  • Polo san Martiño todo o mosto é viño.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Por san Martiño non plantes fabas nio liño.
  • Por san Martiño xa se coñece o bo viño.
  • Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
  • San Martiño sempre quere o seu granciño, anque sexa pequeniño.
  • Santos e Nadal, inverno caroal.
  • ¡Bendito mes que empeza con Santos e acaba con san Andrés!
  • ¡Bendito mes que empeza con Santos, media con san Uxío, e remata con san Andrés!
  • ¡Vaites co mes, que empeza con Santos e acaba con san Andrés!

Palabras veciñas

novelística novelístico novelo novembro novena novenario noveno