"Aguil" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 54.

    1. Peixe da familia dos escorpénidos que se caracteriza por presentar un corpo groso de cabeza de gran tamaño, cuberto de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas.

    2. Escarapote, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior.

    3. Escarapote, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo rado espiñento da aleta dorsal.

    4. Escarapote, de cor rubia ou amarelenta. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo, poden inocular veleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera arácnido da orde dos escorpións.

    2. Orde de arácnidos terrestres, de corpo dividido nun prosoma anterior, cuberto por unha cuncha, e nun opistoma posterior, segmentado e dividido nun preabdome de sete segmentos, nunha cola estreita cilíndrica de cinco segmentos e un aguillón rematado en punta. O primeiro par de patas presenta pinzas que empregan para aferrar as presas.

    3. Percebella acuática, da familia dos népidos, caracterizada por presentar o primeiro par de patas modificado para apreixar os pequenos animais dos que se alimenta. A maioría presentan no extremo do abdome un tubo respiratorio, moi longo e fino, que manteñen por riba da superficie da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esfécidos.

    2. Insecto da familia dos esfécidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que presentan unha cabeza relativamente grande, antenas longas e delgadas, coas mandíbulas aptas para cortar e agarrar as presas, e o resto das pezas bucais adaptadas para zugar; ten o tórax groso, e o abdome coloreado, apuntado no extremo, onde se sitúa o aguillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción que implica unha utilización moi elevada da forza física ou mental para superar algunha dificultade ou conseguir algunha cousa.

    2. Forza por unidade de superficie aplicada a un corpo. Coñécese como esforzo de tracción ou tracción, e o esforzo de compresión ou compresión, se as forzas son perpendiculares á superficie. Cando as forzas son tanxenciais, fálase de esforzo de cizallamento ou esforzo cortante. OBS: Tamén se denomina tensión.

    3. Medida da intensidade con que unha frota actúa sobre os recursos pesqueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal, cunha estrela ou cunha pequena roda con puntas, que se coloca na parte posterior do calzado e que serve para aguilloar as cabalarías.

    2. Estímulo ou acicate para realizar algo.

    3. Planta herbácea de porte erecto do xénero Delphinium, da familia das ranunculáceas, de follas fendidas e dispostas de xeito alterno, e flores cigomorfas coa corola prolongada nunha espora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estomatópodos.

    2. Crustáceo da orde dos estomatópodos.

    3. Orde de crustáceos mariños, da clase dos malacostráceos, de cefalotórax curto, con grandes ollos móbiles e catro pares de patas, das que o primeiro par está transformado en garras raptoras provistas de aguillóns espiñentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Coñecemento directo dalgunha cousa adquirido polo uso, a práctica ou as propias vivencias.

      2. Coñecemento da realidade, do mundo ou da vida.

      3. Modo de coñecemento que procede da percepción sensible ou da intuición psicolóxica.

    1. Situación ou suceso na vida de alguén, que lle proporciona coñecemento sobre a realidade, a vida ou o mundo.

    2. Estudo para descubrir ou comprobar as características dun fenómeno mediante a súa observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir as persoas ou os animais sons que forman palabras.

      1. Comunicar algo que se pensa utilizando a linguaxe articulada.

      2. Comunicarse a través doutro procedemento distinto á palabra.

    2. Manter unha conversación con alguén.

      1. Ocuparse dun tema determinado.

      2. Interceder por alguén valéndose de influencias.

    3. Estimular o gando mediante voces ou coa aguillada para que fagan algo.

    4. Pronunciar un discurso diante dun público.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño, da familia dos gádidos, de corpo alongado, cuberto de escamas pequenas, cor castaña cinsenta con reflexos cobreados, bandas verticais anchas e escuras, e unha liña lateral castaña amarelenta.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado e comprimido lateralmente, con escamas moi pequenas e de cor cinsenta amarelenta. Os ollos están dispostos na parte superior da cabeza. Teñen aguillóns, na primeira espiña dorsal e na espiña do opérculo, comunidados cunha glándula velenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aguillón.

    2. Peza metálica ou de plástico dos extremos dos amallós, que facilita a súa introdución polos buratos do calzado.

    3. Aro de arame que se lle coloca aos porcos no fociño para que non focen.

    VER O DETALLE DO TERMO