experiencia

experiencia
Plural: experiencias
  1. s f
    1. Coñecemento directo dalgunha cousa adquirido polo uso, a práctica ou as propias vivencias.

    2. Coñecemento da realidade, do mundo ou da vida.

    3. [FILOS ]

      Modo de coñecemento que procede da percepción sensible ou da intuición psicolóxica.

  2. s f

    Situación ou suceso na vida de alguén, que lle proporciona coñecemento sobre a realidade, a vida ou o mundo.

  3. s f

    Estudo para descubrir ou comprobar as características dun fenómeno mediante a súa observación.

Refráns

  • A barco novo, capitán vello.
  • A besta amatada de lonxe ve vir a albarda.
  • A experiencia é a nai da ciencia.
  • A mellor mestra é a experiencia.
  • Abade que foi monaguillo ben sabe quen bebe o viño.
  • Cando algúns van a Santiago, xa volven outros con cunchas.
  • Contra a experiencia non hai ciencia.
  • Máis vale experiencia que ciencia.
  • Mallando mallando apréndese a mallar.
  • Moitas veces a experiencia vale tanto coma a ciencia.
  • Ninguén sabe o que hai na ola mellor cá culler.
  • O que coce e amasa ben sabe as que pasa.
  • O que foi cociñeiro antes que frade, o que pasa na cociña ben o sabe.
  • Ó que non ten experiencia fáltalle a mellor sabencia.
  • O uso é mestre de todo.
  • O uso fai mestres.
  • Todo quere uso e a muller quere roca e fuso.