"uni" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2913.

  • Rocha sedimentaria que provén da desintegración do granito ou do gneis, formada por grans de cuarzo e feldespato unidos por cemento silícico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.

      2. Área que non presenta interrupcións.

      3. Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño clupeiforme, da familia dos clupeidos, de cor azul escura.

    2. Arenque, da familia dos clupeidos, que se atopa nas costas estadounidenses e asiáticas do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.

    2. Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.

    3. Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.

    4. Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.

    5. Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.

    6. Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.

    7. Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.

    8. Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.

    9. Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, que ten como principio fundamental a afirmación da unicidade e transcendencia de Deus polo noroeste da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estimenta formada polo conxunto de pezas de ferro que protexía o corpo dos antigos combatentes.

    2. Conxunto de pezas unidas entre si que constitúen a parte ríxida que sostén un obxecto.

    3. Conxunto de barras ou cables de aceiro que forman o esqueleto dunha peza de formigón.

    4. Peza metálica concibida para ser sometida á acción dun imán ou dun electroimán; normalmente é de ferro ou de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de armar ou de armarse.

      1. Conxunto de armas e municións.

      2. Conxunto de todo o que constitúe a potencia militar dun estado.

      1. Acción de armar barcos.

      2. Fase final da construción dun barco, comprendida entre a botadura e a entrega aos propietarios.

      3. Conxunto de efectos que teñen por finalidade armar barcos.

    2. Conxunto dos medios mecánicos dos que dispoñen os portos para facilitar as operacións de carga e descarga dos barcos.

    3. Acumulación competitiva de armamentos entre dous ou máis estados con finalidade disuasiva.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prover algo ou a alguén de armas ofensivas ou defensivas.

    2. Cargar unha arma.

    3. Preparar algo ou alguén para a guerra.

    4. Abastecer de todo o que é necesario, especialmente un barco.

    5. Unir as diferentes pezas das que se compón un obxeto ou un aparato e poñelo en disposición de funcionar.

    6. Facer unha trampa para animais.

    7. Planear unha intriga contra alguén.

    8. Prover a alguén do que precisa.

    9. Acción de unir os diversos panos de rede compoñendo un tecido ou unha arte de pesca.

    10. Proverse de calquera utensilio para usalo como arma.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas e froito con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior

    VER O DETALLE DO TERMO