"pre" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 13780.

    1. Achegar unha embarcación a outra, voluntariamente ou non, ata tocala.

    2. Emprender ou tratar algunha cousa.

    3. Aproximarse a alguén con algún fin.

    4. Practicar, nunha intervención cirúrxica, unha vía de acceso a unha estrutura anatómica.

    5. Chegar unha embarcación a porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción ou imposibilidade de levar a cabo unha acción ou proxecto.

    2. Feto parido prematuramente.

    3. Expulsión do feto cando aínda non é viable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar unha peza de vestir introducindo os botóns nos ollais.

    2. Coser ou prender os botóns a unha peza de vestir.

    3. Unir por medio de botóns un cabo a outro ou dúas pernadas do mesmo cabo.

    4. Botar gromos as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non deixa escoitar ou que presenta un nivel de ruído por enriba da media normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depresión do relevo, tanto de orixe erosiva coma tectónica, que se aproveita como paso entre montañas.

    2. Entrada de mar en costa que serve como porto para pequenas embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea que se chegou a empregar como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección. Nela os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sorprende  en grao superlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión de admiración, asombro ou sorpresa provocada por algo que resulta extraordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desgaste por fricción.

    2. Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba.

      1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.

      2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.

      3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.

      4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz vizosa.

    3. Acción irritante dos purgantes drásticos.

    4. Técnica de gravado empregada habitualmente na realización de petroglifos.

    5. Proceso de erosión ou desgaste das rochas por acción mecánica, rozamento ou fricción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para raspar ou limar unha superficie ósea ou dental.

    VER O DETALLE DO TERMO