"RSA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1107.

      1. Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa ou glicosa, engadindo pequenas cantidades dun álcali.

      2. Alimento de formas moi diversas que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar.

    1. carambelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta universal que consta de dúas pezas en forma de forcado e unha cruceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cargar.

      1. Aquilo que se coloca sobre alguén, sobre un animal ou sobre un vehículo para ser transportado.

      2. Carga límite que pode transportar un barco.

      3. Recipiente cunha potente carga explosiva no seu interior que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos.

    2. Peso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.

    3. Anotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto.

      1. Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.

      2. Obxecto do contrato de transporte.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de auga doce, da familia dos ciprínidos. Presenta o corpo ancho e alto, e o bico prominente, con dúas barbelas longas e dúas curtas no beizo superior. Existen diversas formas que se caracterizan pola presenza ou ausencia de escamas e polo seu tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe de auga doce do xénero Carassius, da familia dos ciprínidos.

    2. Peixe de auga doce, da familia dos ciprínidos, de corpo pouco alongado, coa aleta dorsal longa, boca sen barbas e de cor parda verdosa, máis clara no ventre. É característico de augas pantanosas densamente poboadas de vexetación.

    3. Peixe de auga doce, da familia dos ciprínidos. Son de cor verde oliva, con reflexos brancos ou prateados nos costados e no ventre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de papel, plástico, tea ou calquera outro material, manuscrita ou impresa con imaxes e textos publicitarios, que se fixa en lugares públicos para anunciar algunha cousa.

    2. Convención pactada entre países belixerantes co fin de regular, durante a guerra as comunicacións postais e telegráficas, o trato e o intercambio de prisioneiros ou o comercio entre os seus súbditos.

    3. Cada unha das pezas da rede que se unen entre si ou con outras pezas e que forman parte de diversas artes de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acordo limitado entre diversas empresas co fin de evitar ou reducir a competencia mutua, conservando a independencia técnica, económica e financeira.

    2. Agrupación de persoas con finalidades ilícitas, normalmente traficantes de droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. En 1838 presentaron no parlamento a People’s Charter que reclamaba o sufraxio universal, o voto secreto e a limitacion das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. Tarxeta provista dunha banda magnética que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa e que serve para efectuar operacións sen necesidade de posuír cartos en efectivo.

    2. Anaco de cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas categorías deportivas empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      1. Cartón preparado por medio da imprimación que se utiliza como soporte pictórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas.

      2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapizaría, vidraría e mosaicos.

    3. Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

    4. Tubo cónico de cartón sobre o que se envolve o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición instrumental que consta de diversas partes, semellante á serenata e ao divertimento.

    VER O DETALLE DO TERMO