"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

    1. Facer algo máis pequeno ou menor. Tm v pron.

    2. Transformar unha cousa noutra equivalente ou de menor importancia, valor ou calidade. Tm v pron.

    3. Obrigar a alguén a que obedeza ou se someta a unhas normas.

    4. Limitar unha cousa a outra máis simple. Tm v pron.

    5. Restituír a posición anatómica de fragmentos óseos desviados por unha fractura, ou de ósos luxados, ou ben órganos desprazados.

    6. Concentrar un líquido evaporando parte del. Tm v pron.

    7. Cambiar a forma ou a denominación dunha expresión ou dunha cantidade sen cambiarlle o valor.

    8. Arranxar unha partitura, simplificándoa, para un grupo de instrumentos menor ca o orixinal.

    9. Cambiar, nun vehículo, a unha marcha máis curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reeducar.

      1. Conxunto de medidas terapéuticas encamiñadas a permitirlle a un individuo cunha afección motora ou psicomotora o uso máis ou menos completo da función perturbada.

      2. Conxunto de técnicas psicopedagóxicas aplicadas a solucionar diversos problemas escolares ou incluso aspectos máis xerais dentro da psicoloxía infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver emitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reflectir ou reflectirse.

    2. Operación coa que a mente pon atención aos propios actos do coñecemento, e incluso ao eu ou suxeito que os sustenta, e non ao contido destes actos.

    3. Obtención da figura simétrica dunha dada con relación a un plano que se toma como elemento de simetría.

    4. Modificación da traxectoria dunha partícula, dun raio ou da fronte dunha onda cando incide sobre unha superficie límite do medio no que se moven.

    5. Simetría respecto a un plano ou a unha recta.

    6. Probabilidade que, segundo a mecánica cuántica, ten unha partícula de ser reflectida por unha barreira de potencial cun nivel de enerxía superior ao da partícula.

    7. Relación entre o fluxo luminoso reflectido por unha superficie e o fluxo incidente.

    8. Fenómeno que consiste no feito de que cando un obxecto se interpón no ámbito de propagación dunha onda sonora, unha parte da enerxía é reflectida e outra parte é absorbida e transmitida polo obxecto.

    9. Fenómeno polo que cando unha cousa pasa dun medio máis refrinxente a outro menos refrinxente, hai un ángulo de incidencia máximo t tal que todos os raios que inciden cun ángulo maior que este son reflectidos outra vez ao medio do que proceden. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se reflectiu.

      2. Luz reflectida.

      3. Imaxe producida por reflexión.

      1. Que se realiza de forma involuntaria.

      2. Actividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano, efector, a un impulso que ten a súa orixe nun receptor externo ou interno.

      3. Reacción rápida e eficaz dunha persoa ante unha situación que non permite reflexionar.

      4. Reflexo desencadeado por un estímulo, antes neutro pola súa asociación durante un tempo determinado, co estímulo propio do reflexo.

      5. Contracción dun músculo pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reformar ou reformarse.

      1. Mitigación dunha regra relixiosa excesivamente ríxida.

      2. Restablecemento da antiga ou primitiva observancia.

    2. Conxunto de cambios profundos, na vida da sociedade e da Igrexa, debidos á acción lexítima dos poderes constituídos, do papa, dos concilios, ou que responden a unha necesidade de cambio orixinada antes na base.

    3. Demanda dirixida ao xuíz de instrución, nun proceso penal, con vista a reexaminar e revogar unha resolución.

    4. Expresión aplicada ao proceso polo que os estados excomunistas de Europa pasaron dunha economía de planificación central a outra de mercado concorrencial.

    5. Modificación profunda do marco e contido das leis tributarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de refinado que permite obter bencinas de elevados índices de octano a partir de bencinas pesadas, someténdoas á acción simultánea da presión e da temperatura, para modificar a composición por disociación das súas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da traxectoria dun raio ou da fronte dunha onda cando atravesa unha superficie que delimita dous medios diferentes.

      1. Número adimensional n=c/v, onde c é a velocidade da luz no baleiro, e v a velocidade da luz nun medio material considerado.

      2. birrefrinxencia.

    2. Parámetro utilizado en análise de alimentos empregado para a valoración da concentración de solucións de azucres (xaropes) e a identificación de graxas.

    3. Refracción que sofren os raios luminosos dos astros ao atravesar a atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida non alcohólica, carbónica ou non, preparada con auga, zumes e extractos de froitas ou outras partes de plantas, esencias, azucres e aditivos, que se toma para apagar a sede ou para mitigar a calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que refrixera.

    2. Que diminúe exteriormente a temperatura da pel e contribúe así á acción antitérmica doutros medicamentos.

      1. Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente.

      2. Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

      1. Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío.

      2. Aparato que serve para arrefriar o condensado obtido nunha montaxe de destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

      3. Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, onde se condensa o vapor e se arrefría o líquido condensado.

    VER O DETALLE DO TERMO