"tera" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1413.

    1. Persoa que realiza algunha cousa.

    2. Produtor orixinal dunha obra artística.

    3. Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.

    4. Persoa que participa nun delito ou falta mediante a execución directa do feito punible.

    5. Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que corresponden aos  autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avinagrar.

    2. Que sabe a vinagre.

    3. Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero.

    4. Aplícase á persoa que se anoxou ou que está de mal humor.

    5. Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Reino de Axum ou aos  seus habitantes.

    2. Literatura etiópica escrita en dialecto ge’ez, da época do reino de Axum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos escómbridos, semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas. O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas mediante a introdución de bacterias, vivas ou mortas, no organismo do paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grava que se utiliza para o asentamento das travesas que soportan os raís e que distribúe uniformemente a carga sobre o terreo, impedindo os desprazamentos laterais da vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Experimentar un enorme cansazo.

    2. Alterar ou impedir, un accidente ou unha doenza, o uso dalgún membro do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de tratamento de certas doenzas, por medio das augas e dos baños medicinais, a area, a lama, o sol, o vapor de auga e algunhas das radiacións do espectro lumínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moldura que cingue a voluta do capitel xónico polo centro da súa cara lateral.

    2. Muro que nos anfiteatros e teatros clásicos separaba os asentos das diferentes clases sociais e no que se abrían os vomitorios.

    3. Cada un dos diversos tipos de cíngulos e bandas, como a correa da que pendía a espada que brandían os soldados romanos, que se usaban como insignia de oficial.

    4. Unha das dobras da toga, a primeira que se forma, que vai desde o costado dereito ata o ombreiro esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO