bacoreta

bacoreta
Nome científico: Euthynnus alletteratus
f [ANIMAL/ICT ]

Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos escómbridos, semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas. O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras.