"PCI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 560.

  • De forma seguida, sen interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia física ou moral que algunha persoa ten de algo, de xeito que a converte en imperfecta.

    2. Carencia das calidades propias dalgunha cousa.

      1. icio dunha cousa que fai diminuír o seu valor e que, en ocasións, pode determinar a súa incapacidade para facer o uso ao que está destinada.

      2. Omisión dalgún requisito que a lei esixe nos actos xurídicos e que, se é esencial, orixina a nulidade do acto.

      3. Falta derivada da incorrecta aplicación das normas procesuais nunha causa que pode afectar á validez da sentenza xudicial

      4. Carencia ou imperfección que existe nun título que pode impedir a súa inscrición no rexistro da propiedade.

    3. Interrupción da regularidade da rede cristalina dun sólido.

    4. Diferenza entre a suma das masas dos nucleóns que compoñen un núcleo atómico e a masa do núcleo enteiro, ou entre a masa dos compoñentes dun átomo e a do átomo enteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar nun sitio determinado ou soltar algo que se leva posto ou que se ten collido.

      1. Separarse de algo ou de alguén.

      2. Abandonar alguén aquilo no que se ocupaba ou no que traballaba.

      3. Romper a relación afectiva que se mantén con alguén.

      1. Non coller unha cousa por esquecemento.

      2. Esquecerse de poñer ou de facer algo.

    2. Facer que algo ou alguén quede dun determinado xeito despois de sometelo a algún tipo de acción.

    3. Dar algo a alguén ao marchar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de pensamento que consiste na valoración das vantaxes e desvantaxes dunha decisión en curso, desde unha perspectiva racional. A súa fórmula habitual é o finximento dunha vacilación por parte do orador, que decidiu previamente a opción pola que vai optar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que delira.

    2. Que é absurdo debido á súa esaxeración.

    3. Concepción patolóxica que consiste nunha alteración das relacións do eu co seu mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.

      2. Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.

      3. Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.

      4. Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.

      5. Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.

    1. País cun sistema de goberno democrático.

    2. Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á forma coloquial do grego moderno, fronte á forma culta ou “pura” (καϴαρέυουσα), propia do ámbito oficial e científico. Tm s m.

    2. Escritura simplificada da antiga escritura exipcia hierática. Correspóndese coa fase da lingua exipcia que vai desde o 700 a C ata a fin do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos fenómenos de formación e erupción dos dentes. Nos humanos e nos mamíferos, en xeral, prodúcense dúas denticións: a primeira, de leite, e a segunda, permanente ou definitiva.

    2. Conxunto dos dentes dun vertebrado, que se define polo tipo, número e disposición destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sente desanimado ou decepcionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o encantamento a algo ou a alguén.

    2. Causar algo ou alguén unha decepción.

    3. Quedar alguén decepcionado.

    VER O DETALLE DO TERMO