"MIT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2230.

    1. Cabalo alado da mitoloxía grega, que era servidor de Zeus e foi transformado en constelación.

    2. Constelación boreal que contén 116 estrelas visibles e tamén un cúmulo de galaxias. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma alongada construída á beira do mar ou dun río navegable que serve para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadorías e de refuxio das naves.

    2. Presa feita nun río para distribuír a auga mediante canles aos muíños ou aos campos.

    3. Base elevada sobre o plano do chan en edificios industriais para facilitar a carga dos camións.

    4. Tubo telescópico de grandes dimensións que, a xeito de túnel, permite que os pasaxeiros dun aeroporto accedan desde a sala de embarque ao interior do avión e viceversa, sen saír ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ertebrado do grupo dos peixes.

    2. Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.

    3. Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.

    4. Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.

    5. Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.

    6. Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.

    7. Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.

    8. Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.

    9. Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe do Entroido ourensán que leva un traxe feito de pelicas, do que destaca a carauta que se prolonga nunha especie de mitra adornada con símbolos animais ou astrais.

    2. Persoa que traballa as peles.

    3. Lugar destinado a secar e curtir peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos penatuláceos.

    2. Cnidario da orde dos penatuláceos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos antozoos, que se caracteriza por formar colonias non fixas e por introducir na lama ou na area unha parte basal, en forma de pedúnculo contráctil, que lles permite eventualmente unha certa mobilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema físico que está formado por un corpo material que oscila arredor dun eixe horizontal que non pasa polo seu centro de gravidade, e que se utiliza como órgano regulador dos reloxos fixos.

    2. Dispositivo que permite determinar a velocidade dun proxectil disparado contra el, a partir da desviación que sofre a causa do impacto.

    3. Sistema que está constituído por un sólido suspendido dun fío moi delgado, que oscila arredor do eixe formado polo fío e a causa da súa torsión.

    4. Electroscopio que está constituído por unha pequena bóla de cortiza ou de sabugueiro, suspendida cun fío de seda, cuxa bóla, se se electriza, ao achegarlle un corpo electrizado será atraída ou repelida por este e poderá detectarse o signo da carga do corpo.

    5. Reloxo maxistral que serve para sinalar o tempo dos astros nos observatorios astronómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pensar.

    2. Facultade mental que nos permite coñecer as cousas e reflexionar sobre elas.

    3. Conxunto de ideas propias dunha persoa, escola ou movemento intelectual.

    4. Xeito de pensar sobre alguén ou algo.

    5. herba da Trindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monosacárido cristalino e soluble en auga, de cinco átomos de carbono.

    2. ía oxidativa, que permite obter NADPH e a formación de ribulosa-5-fosfato. OBS: Tamén se denomina ciclo da pentosa-fosfato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar de ter algo.

    2. Deixar de ter algunha cousa por non saber onde se atopa.

    3. Quedar sen alguén a causa da morte ou doutro motivo.

    4. Non sacar proveito dalgunha cousa.

    5. Non conseguir ou non tomar partido dalgunha cousa por non chegar a tempo.

    6. Deixar sen a boa reputación a alguén. Tm v pron.

    7. erter un recipiente, xeralmente por estar furado, o contido que ten dentro. Tm abs.

    8. Chegar ao final dalgunha competición sen vantaxe sobre o contrario. Tm abs.

    9. Empeorar o aspecto ou a situación dunha persoa.

    10. Deixar de existir ou de manifestarse algunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Alectoris, Lagopus e Perdix, da familia dos fasiánidos, que presenta as ás e a cola curtas e vive no chan.

    2. Ave galiforme, da familia dos fasiánidos, que ten a plumaxe gris, coas partes inferiores máis claras, a cabeza rubia e unha mancha castaña escura en forma de ferradura no peito dos machos.

    3. Ave galiforme, de familia dos fasiánidos, que ten a plumaxe conspicua coas partes superiores grises e rubias, as meixelas e a gorxa brancas e limitadas por una franxa negra, e as patas e o peteiro vermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO