perdiz

perdiz

lat perdīce

Plural: perdices
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave dos xéneros Alectoris, Lagopus e Perdix, da familia dos fasiánidos, que presenta as ás e a cola curtas e vive no chan.

  2. perdiz charrela [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave galiforme, da familia dos fasiánidos, que ten a plumaxe gris, coas partes inferiores máis claras, a cabeza rubia e unha mancha castaña escura en forma de ferradura no peito dos machos.

  3. perdiz rubia [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave galiforme, de familia dos fasiánidos, que ten a plumaxe conspicua coas partes superiores grises e rubias, as meixelas e a gorxa brancas e limitadas por una franxa negra, e as patas e o peteiro vermellos.