"vermella" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

  • Alga mariña, da familia das dasiáceas, de cor vermella purpúrea, que vive fixada por un disco do que sae un eixe ergueito e cilíndrico, que se estreita cara ao estremo e que presenta ramificacións alternas con rámulas bipinnadas de contorno lanceolado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wolframato de manganeso, pertencente á serie da wolframita, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais de cor amarela, vermella escura ou castaña escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos espáridos, que se caracteriza por presentar inversión sexual e ser moi semellante ao pargo pero cunhas características líneas de cor vermella intensa que cruzan o costado verticalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paxaro, da familia dos rinoquétidos, que ten a plumaxe de cor gris pizarra clara, coas ás un pouco máis escuras e con raias vermellas, brancas ou negras, e un penacho eréctil no peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que caza lagartos.

    2. Que obra con enxeño ou mesmo con malicia para sacar proveito de algo. Tm s.

      1. Ave rapaz de pequeno tamaño, da familia dos falcónidos, de plumaxe avermellada con manchas negras e co bico e as unllas negros e fortes. Presentan un forte dimorfismo sexual, sendo a femia de maior tamaño ca o macho e con distinta coloración.

      2. Ave rapaz, da familia das falcónidas, de pequeno tamaño. O macho ten o dorso castaño e a cabeza e o rabo gris. A femia parécese moito á do peneireiro.

      3. Ave rapaz, da familia das falcónidas, de pequeno tamaño. O macho diferénciase do buxarelo nas manchas do dorso. É unha das rapaces máis estendidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das caprifoliáceas, de flores brancas e olorosas e froito en drupa.

    2. Planta cultivada, da familia das verbenáceas, de follas rugosas e flores de cor laranxa verdosa ou vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.

    2. Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.

    3. Cor entre amarela e vermella. Tm adx.

      1. Materia colorante laranxa.

      2. Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

      3. Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.

      4. heliantina.

    4. Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que presenta follas alternas, pinnadas e lanceoladas, brillantes e coriáceas, flores de cor branca verdosa ou amarela agrupadas en inflorescencias en espiga e froitos en drupa, esféricos, comestibles e avermellados.

    2. Froito desta árbore que presenta un arilo carnoso e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos frinxílidos, de pequeno tamaño e coas plumas pardas, que vive en lugares de vexetación baixa.

    2. Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a plumaxe de cor ocre riscada en negro e o peteiro amarelo, e que se alimenta de grans e certos insectos.

    3. Ave da familia dos frinxílidos, que presenta un peteiro gris escuro, os bordos das primarias e das rectrices externas brancos e o manto dunha viva cor marrón.

    4. Ave da familia dos frinxílidos, de plumaxe parda riscada en negro, testa vermella e gorxa negra, e que se alimenta de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, de patas longas, cola curta, orellas rematadas nunha mecha de pelos ríxidos, dun aspecto moi parecido ao do gato, pero de maior tamaño.

    2. Lince de patas robustas e longas, máis curtas as dianteiras que as traseiras e de cola curta co extremo de cor negra. A súa pelaxe é longa e suave de cor gris avermellada con manchas escuras e coa parte inferior branca.

    3. Lince de complexión robusta, cara redondeada, patas longas, orellas aguzadas rematadas nun penacho de pelonegro, cola curta cunha borla negra no extremo e longas patillas que colgan das meixelas. A súa pelaxe é de cor parda que en ocasións tira ao vermello ou ao gris cun rechamante moteado negro sobre o lombo que baixa ata as patas.

    VER O DETALLE DO TERMO