heterosiphonia

heterosiphonia
Nome científico: Heterosiphonia plumosa Plural: heterosiphonias
s f [PROTISTA ]

Alga mariña, da familia das dasiáceas, de cor vermella purpúrea, que vive fixada por un disco do que sae un eixe ergueito e cilíndrico, que se estreita cara ao estremo e que presenta ramificacións alternas con rámulas bipinnadas de contorno lanceolado.