"3" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 874.

  • Composto orgánico de actividade bacteriostática e funxicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que actúa sobre o sistema regulador renina-anxiotensina-aldosterona, provocando unha diminución da presión sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas.

      2. Parte anterior da cabeza dalgúns animais.

    1. Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.

      1. Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.

      2. Aspecto ou maneira en que se presenta un asunto ou negocio.

      1. Cada unha das superficies dunha cousa con forma de lámina.

      2. Superficie, normalmente a principal, en oposición a outra que aparece nun obxecto laminar.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do éter monoetílico do etilenglicol utilizado como solvente industrial e como plastificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster formado por substitución dos dous hidróxenos de ácido carbónico.

    2. Ión bivalente de fórmula CO 3 2- que provén do ácido carbónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén carbón.

      1. Relativo ou pertencente ao Carbonífero.

      2. Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 345 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.

    2. Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.

    3. Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.

    4. Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.

      1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.

      2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.

    5. Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.

    6. Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.

    7. Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amor desinteresado que non busca o ben propio, senón a entrega aos demais.

    2. Ben, diñeiro ou axuda que se dá a unha persoa necesitada.

    3. Iconografía que representa unha moza aleitando un vello.

    4. Membro dunha congregación relixiosa feminina dedicada á asistencia dos pobres e ao ensino. Foi fundada en Francia (1633) por san Vicente de Paúl e Louise de Marillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido en 1833 tras a morte de Fernando VII. Defendía os intereses de Carlos María Isidro de Borbón (1788-1855), irmán de Fernando VII, e dos seus descendentes a ocupar o trono de España. Unía correntes antiliberais e absolutistas con programas inspirados nas institucións do Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. En 1838 presentaron no parlamento a People’s Charter que reclamaba o sufraxio universal, o voto secreto e a limitacion das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou.

    VER O DETALLE DO TERMO