"FERE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1656.

    1. Tipo de organización dalgunhas esponxas que teñen o corpo en forma de saco, aberto ao exterior por un ocelo, cunha cavidade gástrica sen coanocitos interiores, que comunica co exterior con canles aferentes.

    2. Infrutescencia constituída por un receptáculo redondeado, carnoso, baleiro no interior e cunha abertura apical provista de hipsófilos, onde están inseridos os froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de interdependencia fisiolóxica equilibrada de dous ou máis organismos de diferentes especies, en que non se estimulan de xeito permanente mecanismos de reacción defensiva.

    2. Relación que, en ecoloxía humana, sustenta a estrutura dun grupo humano, tanto no seu aspecto espacial como na división de traballo, e que inclúe vantaxes recíprocas entre os seus diversos compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Correspondencia de dimensións, forma e posición, entre os elementos dun ou varios conxuntos.

      1. Igualdade ou analoxía entre dous órganos que compoñen un, ou entre dúas partes que forman unha.

      2. Disposición repetitiva dos diferentes órganos ou partes do corpo dun animal con relación a un ou varios planos imaxinarios.

    2. Propiedade que posúen as estruturas cristalinas que se poden superpoñer a si mesmas con varias orientacións diferentes.

    3. Configuración dun obxecto que é invariante para determinados movementos xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellanza entre dúas cousas.

    2. Figura que consiste nunha comparación explícita de cousas diferentes pero que teñen algunha relación ou semellanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia a fundir diversos elementos relixiosos e filosóficos, usualmente considerados heteroxéneos, sen un criterio claro de selección.

      2. Síntese de dous elementos culturais ou de dúas culturas diferentes que, ao ser reinterpretadas, dan lugar a unha entidade cultural totalmente nova.

    1. Asunción de diversas funcións por unha soa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura retórica que consiste en asociar dúas palabras que pertencen a percepcións sensoriais diferentes.

    2. Sensación nunha parte, asociada ou secundaria á producida noutra parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é raro ou pouco común.

    2. Que se diferencia dos outros e non hai outro igual.

    3. Que expresa unha unidade individualizada, en oposición a plural. Tm s m, referido a número gramatical.

    4. Aplícase ao punto dunha curva ou dunha superficie que está illado, non admite tanxente ou é un punto de entrecruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo ou a alguén diferente do resto.

    2. Falar de algo en particular.

    3. Destacar algo ou alguén do resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de normas ou procedementos para o funcionamento de algo.

      1. Conxunto orgánico de principios ou regras, sobre unha materia, enlazados dunha maneira racional.

      2. Conxunto coherente de relacións capaz de dar conta dos obxectivos e dos medios da organización económica e total da sociedade.

      1. Conxunto de elementos materiais, relacionados dalgunha maneira entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.

      2. Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituídos fundamentalmente por un só tecido.

      3. Conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído.

      4. Estrutura celular que leva a cabo unha función determinada.

      5. Rexión do espazo que se illa artificialmente para sometela a estudo.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estuda a clasificación dos seres vivos en grupos de diferente categoría.

    VER O DETALLE DO TERMO