simbiose
simbiose
gr συμβίωσις ‘vida en común’
-
s
f
[BIOL/ECOL ]
Estado de interdependencia fisiolóxica equilibrada de dous ou máis organismos de diferentes especies, en que non se estimulan de xeito permanente mecanismos de reacción defensiva.
-
s
f
[SOCIOL ]
Relación que, en ecoloxía humana, sustenta a estrutura dun grupo humano, tanto no seu aspecto espacial como na división de traballo, e que inclúe vantaxes recíprocas entre os seus diversos compoñentes.