"sec" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1899.

      1. exetal leñoso que presenta un tronco único que ramifica a certa distancia do chan. As partes esenciais son as raíces, o tronco e a copa, onde están as follas que realizan a fotosíntese. As árbores regulan os ciclos do osíxeno e do dióxido de carbono e o ciclo hidrolóxico.

      2. Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.

      3. exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, transfórmase nunha árbore que mata a planta sobre a que medrara.

      4. Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo.

      5. Árbore que vive en solos húmidos.

      6. Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena.

      7. Árbore de folla plana e dura.

      8. Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está oculto.

    2. Misterio ou segredo do que non se facilita coñecemento.

    3. Parte da doutrina ou do culto, que nalgunhas relixións se mantén secreta para os non iniciados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partícula de rocha ou dunha substancia mineral.

    2. Extensión areosa chaira á beira do mar ou dun río.

      1. Rocha sedimentaria e detrítica que procede da sedimentación resultante da meteorización doutras rochas.

      2. Depósito formado por materiais soltos que deixan algunhas erupcións.

      3. Zonas húmidas, nas que os animais e as persoas corren o perigo de afundirse.

    3. Pos que os homes tiraban sobre os escritos para secalos.

    4. Pequenos cálculos eliminados polos ouriños na litiase renal.

    5. Mestura preparada con area e betún asfáltico líquido, á que se lle engade un filler.

    6. Area impregnada de hidrocarburos pesados e aceites minerais que poden servir como materia prima para a obtención de combustibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de desecar, especialmente un medicamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área pequena, especialmente a que rodea algunha cousa.

      1. Zona de cor escura que envolve a mamila. OBS: Tamén se denomina aréola mamaria.

      2. Zona do iris que circunda a meniña do ollo.

      1. Pequena zona delimitada por un relevo ou ben cunha coloración.

      2. Relevo anular da membrana que envolve os poros das traqueidas.

      3. Grupo de acídulas das cactáceas.

    2. Espazo comprendido entre os nervios das ás dos insectos.

    3. Zona avermellada que pode aparecer despois dunha intradermorreacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apéndice recto e filiforme que presentan as glumas das gramíneas.

      1. Liña recta formada pola intersección de dous planos que forman un ángulo diedro.

      2. Segmento de recta formado pola intersección de dúas caras contiguas dunha superficie poliédrica.

    2. Parte que sobresae en calquera corpo de formas angulosas e afiadas.

      1. Intersección dunha bóveda cun muro ou con outra bóveda.

      2. Partes elevadas e sobresaíntes, largas e delgadas, nunha construción.

      3. Liña de separación entre a parte destinada á circulación de vehículos e as superficies contiguas, nas estradas.

      4. Límite da zona destinada a vehículos máis próximos ao centro da vía, en carrís de calzadas separadas.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de armar ou de armarse.

      1. Conxunto de armas e municións.

      2. Conxunto de todo o que constitúe a potencia militar dun estado.

      1. Acción de armar barcos.

      2. Fase final da construción dun barco, comprendida entre a botadura e a entrega aos propietarios.

      3. Conxunto de efectos que teñen por finalidade armar barcos.

    2. Conxunto dos medios mecánicos dos que dispoñen os portos para facilitar as operacións de carga e descarga dos barcos.

    3. Acumulación competitiva de armamentos entre dous ou máis estados con finalidade disuasiva.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortiza dunha árbore, especialmente cando está seca e vella.

    VER O DETALLE DO TERMO