"Fu" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3886.

  • Proceso no que metabolitos secundarios producidos por plantas, algas, bacterias e fungos inflúen negativamente sobre o crecemento e desenvolvemento de sistemas agrícolas e biolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exclamación de orixe hebrea, que significa ‘cantemos himnos a Iavé’ e que expresa ledicia e agradecemento. Introduciuse na liturxia cristiá, fundamentalmente como resposta cantada a versículos dos salmos.

    2. Berro de ledicia, de satisfacción, ao ver cumprida ou conseguida algunha cousa.

    3. Estrofa que consta xeralmente de versos octosílabos pareados con rima consonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alepocefálidos.

    2. Peixe da familia dos alepocefálidos.

    3. Familia de peixes da orde dos clupeiformes que viven a grandes profundidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos apéndices que posúen os peixes, que ás veces teñen unha función locomotora, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón.

      2. Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes.

    1. Calzado de goma en forma de pa que usan as persoas para impulsarse ao nadar ou ao bucear.

    2. Peza ou parte dun obxecto que sobresae a xeito de á.

      1. Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.

      2. Peza das armas Mauser que serve para pousala en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.

    3. Cada unha das paredes que nas pontes e sumidoiros serven para conter as terras e guiar as augas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Furado da agulla por onde se enfía para coser.

    2. Aplicase ao ollo prolongado das dornas situado no extremo posterior á cana de temón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hostal que na Idade Media contaba cun conxunto de instalacións onde os comerciantes estranxeiros podían aloxarse e realizar as súas transaccións comerciais.

    2. Peixe, da familia dos tríglidos, de corpo e fociño alongados. Vive en fondos areosos e de lama desde 20 a 300 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está moi ledo, sen doenzas ou problemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Lingua árabe, falada polas minorías musulmás nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación do poder político musulmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro, da familia dos vivérridos, de cor gris con pintas escuras no corpo e aneis tamén escuros no rabo.

    2. Substancia con forte cheiro que se extrae deste animal.

    3. Perfume que se elabora con esta substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Confusión de voces alegres proferidas por un grupo de persoas.

    2. Conxunto de berros de guerra dunha tropa cando efectúa o ataque.

    VER O DETALLE DO TERMO