"Forman" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 633.

    1. Relativo ou pertencente ás cocolitoforais.

    2. Alga da orde das cocolitoforais.

    3. Orde de algas unicelulares da clase das crisofíceas que abrangue organismos moi pequenos, cubertos cunha capa xelatinosa dentro da que se forman os cocólitos. Viven principalmente no mar, en augas mornas ou quentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente.

      2. Ordenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares.

      3. Ordenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil.

      4. Ordenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas.

      5. Corpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército.

      6. Texto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza, que está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal.

      1. Conxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código.

      2. Conxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato esporífero dos fungos da subdivisión basidiomicotina e dalgunhas especies da subdivisión ascomicotina, que está constituído por unha estrutura de hifas dicarióticas que conforman un corpo frutífero, en que se distingue unha parte basal alongada, denominada , que sostén outra máis grosa, que recibe o nome de chapeu, en que se sitúa o himenio que produce as esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das brasicáceas, que presenta talo non ramificado con follas grandes, de grande interese culinario, que se apíñan e enredan formando unha cabeza, e no seu centro queda a xerma terminal e as follas máis novas.

    2. ariedade cultivada de col que se caracteriza por ter o talo dereito e presentar moitos gromos axilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato hidratado de calcio que cristaliza no sistema monoclínico, formando cristais brancos ou amarelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea bulbosa, do xénero Colchicum, da familia das liliáceas. Presenta flores que nacen directamente do bulbo, con pétalos de extremo rosado soldados entre eles formando un perianto tubular branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

      2. Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

      3. Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

      4. Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

      5. Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

      6. Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

      7. Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

      8. Columna co fuste de forma helicoidal.

    1. Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorio dotado dunha serie de similitudes e afinidades que o singularizan, xa sexan as relacións de veciñanza establecidas entre os lugares que o forman, unhas certas condicións naturais ou a persistencia de demarcacións históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acompañar.

    2. Circunstancia de ir acompañado.

    3. Que acompaña.

    4. Conxunto de persoas.

    5. Conxunto de especies vexetais que forman parte da mesma comunidade.

    6. Procesión de almas en pena que saen do adro arredor das doce da noite e que percorren os camiños da parroquia. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de persoas que en festas públicas, especialmente no Entroido, van vestidas ou disfrazadas igual.

    2. Persoa ou conxunto de persoas que actúa nunha representación teatral ou cinematográfica formando parte do acompañamento.

    3. Individuo que, estando presente nunha acción, permanece en silencio e sen participar.

    VER O DETALLE DO TERMO