"Cro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1309.

    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arbitrar.

    2. Acción de emitir sentenza arbitral.

      1. Decisión dunha cuestión ou conflito xurídico por unha ou diversas persoas que non son xuíces ordinarios nin actúan como órganos normais do poder xudicial.

      2. Medida de solución pacífica das controversias entre estados a través dunha decisión xurídica dun ou máis árbitros ou dun tribunal.

      1. Operación de bolsa que consiste en obter lucro aproveitando as diferenzas de cotización en diferentes mercados, adquirindo ou vendendo valores ou mercadorías.

      2. Fixación dun prezo por parte do estado ou dunha comisión nomeada por ambas partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. exetal leñoso que presenta un tronco único que ramifica a certa distancia do chan. As partes esenciais son as raíces, o tronco e a copa, onde están as follas que realizan a fotosíntese. As árbores regulan os ciclos do osíxeno e do dióxido de carbono e o ciclo hidrolóxico.

      2. Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.

      3. exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, transfórmase nunha árbore que mata a planta sobre a que medrara.

      4. Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo.

      5. Árbore que vive en solos húmidos.

      6. Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena.

      7. Árbore de folla plana e dura.

      8. Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.

    2. Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.

    3. Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.

    4. Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.

    5. Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.

    6. Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.

    7. Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.

    8. Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.

    9. Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba anual ou perenne, da familia das escrofulariáceas, que pertence ao xénero Linaria e que se caracteriza por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto producido polo home, en xeral os aparatos, as máquinas e outros dispositivos.

      1. Calquera obxecto moble realizado, utilizado ou modificado polos seres humanos.

      2. Todo artefacto seleccionado para servir de estándar dunha mesma clase.

    2. Alteración producida nas preparacións microscópicas dun tecido natural por mor dos procesos preparatorios previos á observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da parede das arterias, acotío acompañada de necrose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de microorganismos patóxenos.

    2. Método preventivo das infeccións co que se trata de evitar o acceso dos microorganismos patóxenos en lugares onde se realizan traballos que requiren a súa ausencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de asincrónico.

    2. Ausencia de simultaneidade na duplicación das dúas cadeas do ADN.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao asincronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO