"Cados" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 797.

      1. Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.

      2. Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal.

      3. Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.

      4. Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.

      5. Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.

      6. Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.

      7. Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.

    1. Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cabeza.

      1. Que é o principal ou a parte máis importante dunha cousa.

      2. Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.

      3. Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.

      4. Centro ou área dunha actividade cultural, económica e relixiosa.

      1. Aplícase á letra maiúscula, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo. Tm s f.

      2. Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións.

    2. Riqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte branda do corpo dun animal formada principalmente polo tecido muscular.

      1. Parte comestible do corpo dos animais que se corresponde coas masas musculares.

      2. Carne que se secou no fumeiro.

      3. Carne de coello ou lebre.

      4. Carne das aves, como a galiña ou o pato.

      5. Carne dos animais que non se someteu a ningún proceso de conservación.

      6. Carne que non ten graxa nin nervios.

    2. Parte branda e comestible da froita e dos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse anormalmente un tecido, especialmente o parénquima pulmonar, noutro que se asemella ao tecido muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carpear.

    2. Conxunto de fíos sacados dun pano de liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de pequeno porte que pertence a distintas especies e presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras.

    2. Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha aparencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.

    3. Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.

    4. Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero adulto, da familia dos lucánidos, robusto, de gran tamaño e cores escuras, especialmente referido a Dorcus parallelipipedus e as femias inermes de Lucanus cervus.

    2. queiroa.

    3. Algas, de talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as dos xéneros Cladophora e Halidrys.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ornamental en forma de folla de papel de bordos enroscados e que ten unha superficie plana para acoller unha inscrición.

    2. Peza que, fixada nunha parede, serve de soporte nunha construción.

    3. Cinta ou casco que serve para suxeitar o liño á roca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar golpes a alguén. Tm v i.

    2. Romper algo en anacos. Tm v i.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza que cobre e defende a cabeza, que se emprega nalgúns deportes e profesións de risco.

      2. Peza da armadura antiga ou medieval que cubría a cabeza.

    1. Pezuño de cabalo.

    2. Corpo dunha embarcación, sen máquinas nin superestruturas.

    3. Botella ou outro envase baleiro que se destina para conter líquidos.

    4. Parella de auriculares unidos por unha banda elástica.

    5. Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo.

    6. Cada unha das capas grosas de orixe foliosa, que forman os bulbos tunicados como a cebola.

    7. Pezas florais que lembran, pola súa forma, un casco.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO