"AIX" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1647.

    1. Liquidación dunha débeda.

    2. Diferenza nunha conta entre o débito e o crédito ou, se se trata de varias contas, entre o total dos débitos e créditos.

    3. Aquilo que queda sen vender dunha mercadoría e que se vende con rebaixa para esgotalo.

    4. Resultado final despois de valorar os aspectos positivos ou negativos de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sálpidos.

    2. Urocordado da orde dos sálpidos.

    3. Orde de urocordados, da clase dos taliáceos, que se caracterizan por ter forma cilíndrica ou de prisma con dúas aberturas opostas, bandas musculares incompletas por debaixo e converxentes por riba e dúas fendas branquiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento medieval composto dunha caixa de resonancia cun teclado, en que as cordas son golpeadas ou fretadas.

      1. Compilación de salmos.

      2. Parte do breviario que contén as horas canónicas de toda a semana, cos salmos correspondentes e sen as leccións e as oracións que os acompañan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis branda e clara da madeira das árbores entre a casca e a cerna.

    2. Parte branda e esponxosa que teñen algunhas plantas no interior do talo.

    3. Parte interior branda do corno e dos pezuños da vaca e doutros animais.

    4. Parte carnosa que teñen as persoas e algúns animais debaixo das uñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo san.

      3. Pobo de África sudoccidental de raza khoisánida, que se viu reducido a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas.

      4. Conxunto de linguas do grupo khoisan faladas polos sans.

      1. Relativo ou pertencente á subraza san.

      2. Individuo da subraza san.

      3. Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa, que presentan o nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoisánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación xudía, con atribucións xudiciais, que tiña a suprema autoridade relixiosa no país de Xudá ou Palestina, baixo o dominio de Roma, ata que o Imperio Bizantino aboliu o patriarcado da antiga provincia romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.

    2. Atributo da divindade, na medida en que é sumamente venerable.

    3. Que se fai conforme á relixión.

    4. Que produce un efecto bo e saudable.

    5. Aplícase a todo aquilo que se relaciona con Cristo, coa Igrexa, cos seus sacramentos e coas súas crenzas.

    6. Persoa que destacou en vida pola súa virtude, e despois de morta foi declarada pola Igrexa digna de loanza. Tm adx. OBS: A forma santo adoita empregarse diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por vogal.

    7. Imaxe que representa un santo.

    8. Persoa que é moi boa.

    9. Día en que se celebra a festa dun santo.

    10. Ilustración dunha publicación.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grao militar que corresponde ao suboficial de grao máis baixo, inmediatamente superior ao de cabo primeiro.

    2. Persoa de carácter autoritario e brusco.

    3. Gato utilizado polo carpinteiro que serve para afirmar unha táboa ao banco de traballo.

    4. Oficial que, na Idade Moderna, exercía parte do mando da xente cando era chamada a sometemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Saturno.

      1. Festividade relixiosa de carácter popular en honra de Saturno, que se celebraba anualmente na Roma antiga no templo de Augusto.

      2. Festa ou orxía onde se liberan as paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao planeta Saturno.

    2. Persoa nacida baixo a influencia do planeta Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO