"Corpora" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 243.

    1. Cousa ou persoa que garante algo.

      1. Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.

      2. Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.

    2. Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga.

    3. Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución.

    4. Programa educativo específico, implantado coa LOXSE (1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudos nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elegancia nos movementos corporais.

    2. Ímpeto e desenvoltura con que se fai algo.

    3. Sentimento de superioridade con respecto aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo latino empregado polo dramaturgo alemán G. E. Lessing para designar os movementos específicos das mans e do corpo, e posteriormente, Bertolt Brecht falaba dun xesto social que se traduce nunha actitude corporal, nunha entoación e nunha mímica particular de cada personaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser corporal formado por chamas ou vapor, dotado de intelixencia e sexo e imperceptible aos sentidos. A súa existencia foi aceptada polo Alcorán, a partir do que son bos ou malos, segundo adopten a fe musulmá ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte ou bandeira que pende dun pau traveseiro e que se empregaba como insignia dunha confraría, un gremio ou unha corporación. Xeralmente é dúas veces máis longo ca ancho e acaba en punta.

    2. Estandarte usado como insignia de guerra durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corporación profesional de artesáns, obrigatoria, exclusiva e privilexiada, recoñecida oficialmente polos poderes públicos, municipais ou reais. Elemento característico da sociedade estamental desde o s XIII ata o s XIX e de carácter  urbano, estaba integrado por mestres, oficiais e aprendices.

    2. Asociación que agrupa empresarios ou industriais dunha mesma rama ou profesión. Ten capacidade para establecer concertos fiscais coa administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período da historia e da civilización gregas, e dos países baixo a súa influencia cultural, que se estendeu entre a morte de Alexandre o Grande (323 a C) e a Batalla de Actium (31 a C).

    2. Influencia da cultura grega, especialmente da época clásica, noutras civilizacións.

      1. Palabra ou xiro grego incorporado noutra lingua.

      2. Rama de estudos sobre temas de lingua, de literatura e de pensamento da Antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incremento do depósito de ferro, en forma de hemosiderina, nos tecidos corporais, especialmente no fígado. Normalmente non ocasiona lesión do órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso inflamatorio que afecta ao fígado. Pode producirse pola infección dun virus, por lesións hepáticas causadas por unha toxina, ou por danos hepáticos.

    2. Hepatite producida polo virus da hepatite A (VHA). Transmítese pola vía fecal-oral, por inxerir alimentos ou líquidos contaminados con mínimas cantidades de materia fecal e por contacto estreito entre as persoas.

    3. Hepatite producida polo virus da hepatite B (VHB). O virus atópase nos fluídos corporais, sangue, saliva, semen e outras secrecións, e transmítese por contacto directo con estes fluídos. Pode desencadenar en cirrose ou cancro hepático.

    4. Hepatite producida polo virus da hepatite C (VHC). O virus atópase nos fluídos corporais e transmítese por contacto directo con estes fluídos.

    5. Hepatite producida polo virus da hepatite D (VHD), que se transmite polo sangue e líquidos orgánicos, de forma similar ao VHB. Trátase dun virus moi virulento.

    6. Hepatite producida polo virus da hepatite E (VHE). Trátase dun virus transmitido a través dos alimentos ou de auga contaminada por materia fecal de individuos infectados, pero a diferenza do VHA non se propaga por estreito contacto de persoa a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de nutrición dos organismos baseada na incorporación de produtos orgánicos do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO