garantía

garantía

garante

Plural: garantías
  1. s f

    Cousa ou persoa que garante algo.

  2. s f
    1. Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.

    2. Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.

  3. s f [DER ]

    Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga.

  4. garantías constitucionais [DER ]

    Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución.

  5. programa de garantía social [EDUC ]

    Programa educativo específico, implantado coa LOXSE (1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudos nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei.

Citas

  • Comprar esa marca de aparato é garantía de bo funcionamento, Deulle garantía de que iría
  • Ese xuíz é garantía dun xuízo imparcial, Ten un currículo que lle serve de garantía para atopar un bo traballo