"vermella" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

    1. Relativo ou pertencente ás esterculiáceas.

    2. Árbore da familia das esterculiáceas.

    3. Familia de árbores que presentan follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores de cor vermella e amarela dispostas en acios e froito en cápsula indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Astro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela.

    2. Estrela de magnitude absoluta débil. Pode ser branca, se ten unha elevada temperatura superficial, ou vermella, se ten unha temperatura superficial baixa.

    3. Estrela múltiple constituída por dúas estrelas formadas ao mesmo tempo e que orbitan arredor dun centro de gravidade mutuo, en que a materia dunha das estrelas é despoxada e atraída cara a outra estrela que aparece colapsada, feito que produce a emisión de raios X.

    4. Nome común que recibe o planeta Venus.

    5. Estrela hiperdensa, con máis de mil millóns de toneladas por centímetro cúbico, que está composta por un gas de neutróns dexenerados.

    6. Estrela próxima á fin da súa vida, cando a maioría do seu combustible está esgotado.

    7. Fulgor rápido de luz no firmamento causado por unha partícula que procede do espazo que arde por fricción ao entrar na atmosfera.

    8. Sistema físico constituído por dúas ou máis estrelas que xiran arredor dun centro de gravidade común.

    9. Estrela da constelación da Osa Menor, situada a unha distancia dun grao do polo norte do hemisferio celeste.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectívora forestal do xénero Regulus, da familia dos páridos, co corpo groso, de cores verdes oliváceas nas partes superiores e ocres por baixo, ás escuras con bandas brancas e peteiro moi fino e curto. Caracterízanse por presentar o curuto da cabeza de cores vivas.

    2. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor laranxa no macho e amarela na femia, con bordos negros. Tamén amosa unha mancha de cor cinsenta ao redor do ollo escuro.

    3. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor vermella no macho e amarela na femia, con bordos negros. Na cabeza teñen a fronte de cor dourada, cunha lista superciliar branca e unha liña ocular negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto espiñento, da familia das rosáceas, que presenta copa arredondada e densa, formada por follas ovadas e lobuladas, flores de pétalos brancos e estames de cor rosa e froito en baga de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo IIA da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38 e peso atómico 87,62.

    2. Substancia cristalina e delicuescente que se emprega como sedante e antiepiléptico.

    3. Sólido en forma de pos incoloros que se emprega, mesturado con outros aditivos, en pirotecnia, para producir luz vermella.

    4. Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa, e se emprega para refinar o xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta anual e ergueita que pertence ao xénero Euphorbia, da familia das euforbiáceas, que presenta un único talo avermellado, follas finamente dentadas, flores pequenas agrupadas en ciatios, que se dispoñen en umbelas de tres a seis raios, e froito en cápsula.

    2. Látex de cor branca que se obtén desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de bismuto que cristaliza no sistema cúbico en cristais pequenos e tetraédricos. É de cor marrón avermellada ou amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fogueira que se facía nun lugar elevado na costa ou no interior para honrar unha festividade ou para servir de sinal ou guía aos mariñeiros.

      2. Lugar elevado onde se prendía unha fogueira que servía de guía aos mariñeiros.

    1. fachico.

    2. Dispositivo de sinalización nocturna que emite unha luz vermella cunha intensidade de 15.000 candelas durante 60 segundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de calcio hidratado que cristaliza no sistema monoclínico e é de cor branca, avermellada ou verdosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ficobilina de cor vermella que absorbe o máximo de luz entre os 570 e os 580 nm.

    VER O DETALLE DO TERMO