facho

facho

lat v *fascŭla, de facŭla, diminutivo de fax -facis ‘tea’

Plural: fachos
  1. s m
    1. Fogueira que se facía nun lugar elevado na costa ou no interior para honrar unha festividade ou para servir de sinal ou guía aos mariñeiros.

    2. Lugar elevado onde se prendía unha fogueira que servía de guía aos mariñeiros.

  2. s m

    fachico.

  3. s m [MAR ]

    Dispositivo de sinalización nocturna que emite unha luz vermella cunha intensidade de 15.000 candelas durante 60 segundos.

Sinónimos

Confrontacións

foguete