"derm" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 310.

    1. Relativo ou pertencente aos equinodermos.

    2. Deuteróstomo do filo dos equinodermos.

    3. Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinoideos.

    2. Equinodermo da clase dos equinoideos.

    3. Clase de equinodermos formada por animais de corpo globuloso ou hemisférico, limitado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas sobre as que se insertan unhas pugas móbiles que serven como sistema locomotor e como órgano de defensa. OBS: Tamén se denomina ourizos de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatite infecciosa causada por bacterias da especie Erysipelothrix insidiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea que se caracteriza principalmente por un eritema ou arrubiamento universal, é dicir, en toda a superficie cutánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escamar.

    2. Eliminación, por desprendemento, en forma de escamas ou de membranas, das células do estrato superficial ou córneo da epiderme.

    3. Forma de meteorización que consiste na fragmentación das rochas en placas delgadas. Prodúcese polo aumento de volume dos grans ou por cambios térmicos bruscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Altar das divindades e dos heroes de forma redonda e sen pedestal. Tiña unha fendedura na súa parte superior para recoller o sangue das víctimas e as libacións de xeito que caesen e fosen absorbidas pola terra.

    2. Lesión da epiderme, do derma e do hipoderma que se caracteriza por unha necrose en masa da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Induración da pel dos dedos producida pola esclerodermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esclerodermatáceas.

    2. Fungo da familia das esclerodermatáceas.

    3. Familia de basidiomicetos con basidiocarpos estipitados, de peridio groso e simple, capilicio rudimentario e coas basidiosporas redondas e sen esterigmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do grupo das colaxenoses, de causa descoñecida e de patoxenia inmunolóxica, que afecta á pel, ás articulacións, aos músculos e a algunhas vísceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Endurecemento morboso dos tecidos por lesión ou alteración patolóxica.

      2. Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. OBS: Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble ou enfermidade de Alpers.

      3. Enfermidade da neurona motora que se caracteriza pola asociación dunha síndrome neuroxénica periférica a unha síndrome piramidal.

      4. Manifestación da esclerodermia que se caracteriza por liñas localizadas de esclerose.

      5. Afección crónica do sistema nervioso central que se caracteriza pola aparición de zonas de desmielinización da substancia branca, chamadas placas, que orixina anomalías sensitivas e de control muscular.

      6. Manifestación xeneralizada da esclerodermia.

      7. Enfermidade conxénita, xeralmente hereditaria, transmitida por mecanismo autosómico dominante, aínda que tamén pode ser debida a unha mutación.

    1. Endurecemento dalgunhas membranas celulares por engrosamento ou por lignificación.

    VER O DETALLE DO TERMO