"Rin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2968.

    1. Relativo ou pertencente a Alexandría.

    2. Natural ou habitante de Alexandría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome da primeira letra do alfabeto grego (α, A).

    2. Símbolo empregado para designar a estrela máis brillante (ou unha das máis brillantes) dunha constelación.

    3. Forma prefixada co que se designan certas posicións ou configuracións das moléculas, ou certos isómeros.

    4. α

    5. Segundo o libro da Apocalipse representa a Xesucristo, considerado Principio (alfa) e Fin (omega) da creación.

    6. O principio e o fin.

    7. α

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida do grupo dos piretroides que se aplica nas follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda uretral que se emprega para facilitar a saída da urina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos algonquinos ou á súa lingua.

    2. Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.

    3. Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos de EE UU.

    4. Familia de linguas amerindias da póla setentrional, moitas delas en vías de extinción. Forman parte desta familia o cree, o cheyenne, creek-seminole e o arapaho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de metais e combinacións de metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas.

    2. antifricción.

    3. Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, matrices e pezas que requiren gran resistencia á abrasión.

    4. Aliaxe formada por un eutéctico.

    5. Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro.

    6. Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes.

    7. Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio, o magnesio ou o titanio.

    8. Aliaxe que non contén ferro ou onde non é ningún compoñente principal.

    9. Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Base ou cimentos dunha construción.

    2. Base ou fundamento sobre a que se apoia unha idea ou principio tanto filosófico coma político e social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer os elementos ou cimentos sobre os que soster calquera tipo de edificación.

    2. Establecer ou fundar unha serie de principios sobre os que basear unha ciencia ou teoría. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia que proporciona aos seres vivos enerxía e materias primas para a formación e reparación dos tecidos e os compostos químicos indispensables para o bo funcionamento e regulación dos mecanismos vitais.

      2. Aquilo que acotío se come e bebe nun tempo determinado.

      3. Aquilo que serve para manter unha cousa.

    1. Prestación económica que determinadas persoas están legalmente obrigadas a cumprir con familiares próximos co fin de que poidan cubrir as necesidades mínimas de subsistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.

    2. Liña pola que se fai un aliñamento.

    3. Conxunto de pedrafitas dispostas en ringleira nun espazo aberto seguindo un plan predeterminado das que descoñecemos o seu obxectivo e a súa función.

    4. Liña fixada polos planos, estudos de detalle e normas urbanísticas que debe ser obrigatoriamente respectada polas edificacións urbanas na súa situación respecto ás vías e prazas públicas.

    5. Igualdade na disposición que poden adoptar as liñas nun parágrafo ou texto calquera.

    6. Acción e efecto de aliñarse nun dos grandes bloques nos tempos da Guerra Fría.

    7. Cada unha da liñas das cartas celestes que teñen como finalidade axudar a recoñecer as estrelas e as constelacións.

    8. Efecto de colocar as tropas sobre unha liña recta imaxinaria que se supón trazada no terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO