"Terc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 452.

    1. Corrente secundaria que circula en sentido contrario ao da corrente principal.

    2. Procedemento polo que dous fluídos que circulan en sentido contrario actúan o un sobre o outro intercambiando enerxía ou materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a opoñerse a unha corrente eléctrica.

    2. Forza electromotriz que se desenvolve en certos elementos ou aparatos intercalados nun circuíto eléctrico que tende a opoñerse ao paso da corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mina secundaria que serve de comunicación entre dúas principais para limpalas e extraer o mineral.

    2. Mina que se fai para interceptar ou destruír os traballos de mina do inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestar desacordo con algunha reflexión, algunha razón ou algunha idea mediante unha argumentación oposta.

    2. Intercambiar ideas ou argumentos varias persoas entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.

    2. Ordenación dun sistema de paradigmas en que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa.

      1. Unión dos gametos, especialmente na isogamia.

      2. Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.

      3. Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.

      4. Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.

    3. Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula e, por extensión, o operador que realiza esta acción.

    4. Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coríxidos.

    2. Percebella da familia dos coríxidos.

    3. Familia de percebellas acuáticas, que nadan grazas a un terceiro par de patas con pelos que aumentan a súa superficie e que empregan a xeito de remos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.

    2. Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.

    3. Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.

    4. Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris.

    5. Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris.

    6. Especie química formada por máis dunha clase de átomos.

    7. Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene.

    8. Obxecto alleo ao organismo en que penetrou.

    9. Masa de substancia gris situada nos hemisferios cerebrais por fóra dos ventrículos laterais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación establecida entre cousas que se corresponden.

      1. Comunicación entre persoas por escrito mediante o intercambio de cartas.

      2. Conxunto de cartas, impresos e todo tipo de documentos ou envíos que circulan por medio do correo, incluídas as comunicacións telegráficas e telefónicas.

    2. Para dous conxuntos A e B, subconxunto do produto cartesiano A ´ B onde A se chama dominio e B imaxe.

    3. Principio que establece que o valor medio dun determinado estado cuántico ten que ser reducido, no límite (cando a constante de Planck h tende a cero), ao valor clásico da magnitude correspondente. Este principio relaciona a mecánica clásica coa cuántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contrato polo que unha das partes se obriga, a cambio dunha remuneración, a facilitar a celebración dun contrato entre a outra parte e un terceiro.

    2. Retribución que cobra o corredor ou axente de cambios polas operacións realizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO