"RSA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1107.

  • Substancia química natural ou sintética caracterizada pola súa actividade como fitohormona, que en concentracións moi febles provoca na planta diversas reaccións, entre as que destaca o alongamento das células pouco diferenciadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de rapina da familia dos accipítridos, de cores escuras no dorso e esbrancuxadas no ventre, cunhas pequenas franxas transversais marróns, e que presenta unha lista branca por riba do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.

    2. Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.

    3. Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.

    4. Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.

    5. Símbolo do bel.

    6. Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.

    7. Símbolo do boro.

    8. Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.

    9. Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos gádidos, co maxilar superior moi prominente. Posúe tres aletas dorsais e dúas aletas anais. Na base das aletas pectorais ten unha característica mancha negra. A cor é variable. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos escómbridos, semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas. O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bacterias.

    2. Microorganismo da clase das bacterias.

    3. Clase de microorganismos unicelulares de estrutura protocariótica, xeralmente heterotróficos e con multiplicación por escisiparidade transversa. A súa capacidade de transformación de determinados substratos e de síntese de distintas substancias útiles para os seres humanos, convertíronas na base de diversas industrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bastón ou caxato que levan os bispos, abades e algunhas abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.

    2. Persoa ou cousa que presta axuda cando as circunstancias son adversas.

    3. Ornamento exterior eclesiástico e figura da que hai que indicar a posición e a situación da empuñadura.

    4. bésta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito carnoso, indehiscente, monocarpelar ou pluricarpelar, de epicarpo delgado e membranoso, e mesocarpo e endocarpo carnosos. As sementes pódense atopar inmersas directamente dentro da polpa homoxénea ou ben estar ordenadas en diversas cavidades.

    2. aíña ou casulo en que se desenvolven as sementes dalgunhas plantas, coma as fabáceas ou o liño.

    3. Restos dalgúns froitos coma a uva despois de espremelos e pisalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de prata do S de Italia que no s XV equivalía a un soldo.

    2. Moeda de prata cuñada nos Estados Pontificios que tivo diversos valores e diversas formas ata finais de 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO