"RL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 759.

    1. Proxecto de lei presentado perante o Parlamento británico ou estadounidense.

    2. Texto legal, que no réxime constitucional británico ratifica a actuación ilegal da coroa ou dos seus oficiais, xustificándoa por motivos de urxencia ou de oportunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un binomio.

    2. Nomenclatura biolóxica, establecida por Carl von Linné, que asigna a cada especie de ser vivo un nome composto de dous termos : o primeiro común ao xénero e o segundo identificativo da especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas de madeira que se usan no xogo dos birlos.

    2. Xogo de habilidade que consiste en intentar derribar, mediante o lanzamento dunha bóla, unha serie de paus colocados en vertical sobre o chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida con ou sen alcohol aromatizada con substancias amargas de diferentes tipos á que se lle engade pau de Campeche para darlle cor vermella e, ás veces, gasifícase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envoltura constituída por unha película de plástico transparente que se soprou para darlle a forma do obxecto que ten que conter.

    2. Forma local semellante a un pequeno volcán, que aparece pola ascensión de vapor de auga dunha riada de lava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de masa de millo ou de trigo de forma redonda que se coce no forno e adoita sacarse antes do resto da fornada.

    2. Bolo de pan doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabo que serve para halar cara á proa a relinga de caída de barlovento das velas cadradas.

    2. Cada un dos pequenos cabos que forman a araña e se utilizan para soster os chinchorros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para darlle a un foguete espacial pesado a velocidade inicial precisa para poder continuar a marcha do motor principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá.

    2. Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.

    3. Planta herbácea do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados.

    VER O DETALLE DO TERMO