"Morf" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 479.

  • Teoría que propón a clasificación dos seres vivos segundo as relacións filoxenéticas, establecidas cara á busca de parentesco das especies nas coincidencias morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas homólogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de talo que se dá nas algas e que corresponde ao grao máis avanzado da evolución morfolóxica que poden acadar os organismos deste grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos.

    2. Estudo do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo.

    3. Estudo do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorofosfato de calcio que representa un termo extremo dentro da mestura isomorfa que xeralmente se engloba baixo o termo de apatita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma ou se asemella a un coco.

    2. Aplícase ao tipo morfolóxico de moitas algas, que se caracteriza polas células libres, carentes de órganos locomotores e só ocasionalmente reunidas en grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide policíclico do grupo da morfina que se obtén do opio, e que se emprega como analxésico e no tratamento da tose. O seu consumo abusivo crea dependencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero, da familia dos lepóridos, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes adecuadas para desprazarse con saltos e cunha pelaxe curta, gris e acastañada. Aliméntanse de plantas herbáceas, e durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia.

    2. Lagomorfo, da familia dos lepóridos, de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo.

    3. cobaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coleópteros.

    2. Insecto da orde dos coleópteros.

    3. Orde de insectos de metamorfose completa que se caracterizan por presentar, na fase adulta, o primeiro par de alas endurecido, os élitros, que ten perdida a capacidade de axuda no voo pero que serve para protexer o mesotórax, o metatórax e o abdome, e o segundo par de alas membranoso. Constitúen o grupo máis numeroso de animais, que existen nos ecosistemas terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aspecto ou morfoloxía de colibacilo.

      1. Relativo ou pertencente aos coliformes.

      2. Bacteria do grupo dos coliformes.

      3. Grupo heteroxéneo de bacilos Gram-negativos de procedencia xeralmente intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten os seus constituíntes moi unidos, sen separación nin ocos.

      2. Aplícase a un solo ou a un terreo moi pouco ou nada poroso.

      3. Aplícase ás rochas cristalinas ou ás rochas que constan dun só elemento mineralóxico que se presenta aparentemente como amorfo.

    1. Que non presenta divisións ou fisuras, especialmente aplicado a algo non material.

    2. Equipo musical que reúne nun só corpo varios aparatos de reprodución de son.

    VER O DETALLE DO TERMO