"Coll" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 732.

    1. Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio.

    2. Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha intervención cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmobilizar a un animal, especialmente a vaca, colléndoo polas fosas nasais cos dedos índice e polgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller un vicio ou un mal costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empresa dedicada a xestionar asuntos alleos ou prestar servizos como intermediaria.

    2. Lugar onde está establecida unha empresa dedicada a xestionar asuntos ou prestar servizos.

    3. Oficio ou encargo de axente.

    4. Establecemento secundario dunha empresa.

    5. Contrato polo que unha parte asume o encargo de levar adiante, en nome e por conta doutro e a cambio dunha retribución, a conclusión en exclusiva de contratos nunha zona determinada.

    6. Empresa de servizos que ofrece modelos e actores para anuncios publicitarios ou actos públicos.

    7. Organización que centraliza as informacións periodísticas recollidas polos seus correspondentes nos lugares onde se producen os acontecementos, clasificándoas e transmitíndoas ás empresas subscritas.

    8. Empresa comercial dedicada a crear, planificar e difundir campañas publicitarias.

    9. Empresa de servizos dedicada ao traslado de mercadorías dun lugar a outro.

    10. Compañía que actúa na mediación financeira e noutros servizos que poden formar parte dunha bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o xugo a unha parella de animais para tirar do carro.

    2. Escoller unha parella de bois de igual altura para que non haxa desnivel despois de poñerlles o xugo.

    3. Facer unha boa parella dous animais de tiro para que o xugo non vaia máis alto dun lado ca do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secar os froitos dunha colleita polo efecto da excesiva calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pa que se emprega para remexer e recoller as brasas da cheminea e dos braseiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar escollido para estender e secar o bagazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento que permite medir a masa dun corpo comparándoa coa doutro, de masa coñecida, mediante a igualación ou determinación da relación que existe entre os seus pesos nun campo gravitatorio calquera.

      2. Balanza aperiódica de precisión.

      3. Balanza dun só prato que indica directamente a masa medida, equilibrando por si mesma a carga.

      4. Balanza que, polo seu deseño, os seus materiais e a súa coidadosa construción, fai posible a determinación de masas cun grao elevado de exactitude.

      1. Cadro xeral das relacións de débeda e crédito que enlazan un ámbito económico co exterior.

      2. Parte da balanza de pagamentos que rexistra os intercambios de mercadorías entre un país e o resto do mundo.

      3. Documento contable que recolle todas as transaccións económicas realizadas nun país durante un tempo determinado entre os seus residentes e os do resto do mundo.

    1. Símbolo ou emblema da xustiza, que se adoita representar cunha muller cos ollos tapados (alegoría da imparcialidade) que sostén unha balanza (símbolo do equilibrio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conidios e hifas de fungos que se desenvolven sobre materia orgánica e teñen aparencia de peluxe.

    VER O DETALLE DO TERMO