"BOAC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 242.

      1. Cousa producida por unha causa.

      2. Resultado da acción dunha causa.

      3. Influencia da variación das dimensións dun corpo sobre os coeficientes adimensionais que se determina na aplicación da teoría de modelos.

      4. Presenza de moitos individuos, dentro da mesma poboación, que teñen o mesmo cromosoma procedente dun antecesor común.

      5. Acción non desexable, a miúdo nociva, producida por un medicamento.

      1. Situación á que dá lugar unha determinada acción, sexa esta intencionada ou non.

      2. ariación na renda do consumidor causada pola modificación no prezo dun ben, que reducirá ou aumentará a renda real do consumidor.

      3. ariación na demanda dun ben debido á modificación no seu prezo, manténdose, aínda así, o nivel de renda dos consumidores.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de empregar ou empregarse.

      1. Actividade que desempeña unha persoa e pola que percibe un salario.

      2. Traballo que non cobre a xornada laboral completa, senón que se realiza unhas horas ao día ou uns días á semana.

      3. Traballo que se realiza nuns períodos concretos do ano, asociado á variación da demanda en determinadas industrias ou rexións.

    2. Conxunto da poboación activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de recollida de datos que se basea na observación ou realización de cuestionarios ou nunha mostra representativa do grupo obxecto de estudo.

    2. Enumeración completa dunha poboación nun certo momento, que contén algunhas características ben definidas dos individuos que a integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir ou cercar algo con táboas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lavar ou fregar con xabón. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade endémica e contaxiosa que afecta a gran parte da poboación dunha especie animal nun mesmo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da frecuencia das manifestacións dunha enfermidade durante un período de tempo determinado nunha poboación, polo que a cantidade de infectados supera o número habitual de casos clínicos esperados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.

      2. Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.

      3. Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior.

      4. Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática, que pode ser estable, inestable e indiferente ou metastable.

      5. Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema.

    1. Posición vertical dun corpo.

      1. Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.

      2. Posición estable dunha composición pictórica ou escultórica.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está habitado ou con moi pouca poboación.

    2. Que é árido, ten escasa vexetación ou as terras sen cultivar. Tm s m, referido a terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desgaste producido na superficie dun corpo polo rozamento con outro.

      1. Conxunto de procesos que sofren as rochas e que modifican o seu aspecto orixinal. Os principais axentes erosivos son o vento, a auga, a amplitude térmica e a acción dos seres vivos.

      2. Erosión que afecta a materiais de distinta dureza, de xeito que o menos resistente a un determinado axente de erosión resulta máis afectado.

      1. Destrución ou ulceración dun tecido orgánico provocada pola fricción, compresión e a corrosión.

      2. Desgaste progresivo dos dentes que comeza no esmalte e se estende á polpa.

    2. Perda gradual de diversidade xenética entre ou dentro dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO