equilibrio
lat aequilibrĭu
-
-
s
Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.
-
equilibrio dinámico
Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.
-
equilibrio electrostático
Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior.
-
equilibrio estático
Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática, que pode ser estable, inestable e indiferente ou metastable.
-
equilibrio termodinámico
Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema.
-
s
-
s
m
Posición vertical dun corpo.
-
-
s
Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.
-
s
[ARTE ]
Posición estable dunha composición pictórica ou escultórica.
-
equilibrio de cor
[IND/ARTE ]
Axuste que se efectúa nos procesos fotográficos en cor, coa intención de asegurar unha reprodución correcta da mesma.
-
s
-
s
m
[PSIC ]
Integración dos procesos psíquicos que se caracteriza pola ausencia de excentricidades e por unha coherencia e estabilidade fundamentais da conduta persoal.
-
-
equilibrio económico
Situación dun sistema económico en que as variables relevantes se manteñen constantes e non hai tendencias que forcen un cambio.
-
equilibrio orzamentario
Situación en que os gastos se equiparan aos ingresos.
-
equilibrio económico
-
-
equilibrio ambiental
Relación harmónica de interdependencia e interacción entre un individuo, unha especie ou un grupo social e o seu contorno natural.
-
equilibrio biolóxico/ecolóxico
Estado que acada ou tende a acadar un ecosistema determinado, de xeito que as especies animais e vexetais que o integran se manteñen constantes no seu número ou na súa biomasa.
-
equilibrio ambiental
-
equilibrio fisiolóxico
[FISIOL ]
Mantemento dunhas condicións físico-químicas determinadas no interior dos seres vivos.
-
equilibrio político
[POLÍT ]
Principio das relacións internacionais que intenta manter a paz ao impedir que calquera Estado, ou grupo de estados, se convirta en dominante, e perigue así a liberdade e a independencia dos demais, a través do mantemento doutra forza oposta igual á das posibles forzas hexemónicas.
-
equilibrio químico
[QUÍM ]
Estado dun sistema químico, ou reacción química, en que a velocidade da formación dos produtos a partir dos elementos reactantes é igual á velocidade de desaparición daqueles produtos para formar novamente os elementos iniciais da reacción.
-
equilibrio xenético
[XEN ]
Estado de estabilidade ao que poden chegar as poboacións a consecuencia da interacción entre os factores que regulan a variabilidade xenética, como a mutación, a selección natural, a migración e a derivación xenética.
Antónimos
Citas
- Os líderes políticos manteñen a súa valoración en equilibrio segundo as últimas sondaxes
- Perdeu o equilibrio e caeu